Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.199

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se prorroga ata o 15 de novembro de 2002 o prazo de entrega da memoria e dos xustificantes ós que se refire o artigo 10 da Orde do 22 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo), de convocatoria de axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na Orde do 22 de febreiro de 2002 (DOG do 21 de marzo), de convocatoria de axudas eco

nómicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, no seu artigo 10, sinala que cada equipo de normalización, coa conformidade da dirección do centro, terá que lles remitir ós gabinetes de Normalización Lingüística das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a memoria das actividades realizadas e os xustificantes dos gastos para os que se lles concedeu a axuda, antes do 30 de setembro de 2002.

O atraso involuntario do aboamento destas axudas e as circunstancias que concorren no inicio do curso lectivo aconsellan prorrogar este prazo, polo que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística,

RESOLVE:

Prorroga-la data ata o 15 de novembro de 2002 para a entrega da memoria de actividades e xustificantes de gastos, á que se refire o artigo 10 da Orde do 22 de febreiro de 2002 (DOG do 21 de marzo) pola que se anuncia a convocatoria de axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística