Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social número 554/2002.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 554/2002.

Acta inf. nº: 756/2002.

Empresa: Luis Couceiro Sánchez.

NIF/DNI: 32762772.

Enderezo: Ronda de Outeiro, 269 baixo (A Coruña).

Materia: obstrucción.

Proposta de sanción: 60,10 A.

Resumo da acta de infracción.

En visita de data 6-5-2002 a empresa da referencia non dispoñía no centro de traballo do correspondente libro de visitas. Entregada citación para constituírse en parte na Inspección de Traballo non se presentou nin xustificou a súa incomparecencia.

Vulnérase a Resolución de 18-2-1998 da Dirección Xeral da Inspección de Traballo.

Apréciase unha falta leve en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 50.3º b) e 39 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan nos expedientes:

-Acta de infracción.-Xustificante da notificación.

-Comunicación sobre competencia da Xunta de Galicia.

A Coruña, 16 de setembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña