Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 19 de setembro de 2002 pola que se acorda a cesión da propiedade de determinados automóbiles a favor dos concellos de Sada, Neda, A Laracha, Paderne, Outes, Ribeira, Agrupación de Padrón-Rois-Dodro (Rois), O Pino-Touro (O Pino), Agrupación Negreira-A Baña-Brión (Negreira), Oleiros, Ponteceso, San Sadurniño, Muros, Cee, Melide (A Coruña); Agrupación Castroverde-O Corgo (Castroverde), Navia de Suarna, Foz, Xermade-Guitiriz-Begonte-Rábade-Outeiro de Rei-Castro de Rei (Xermade), A Pobra do Brollón, Láncara, Bóveda-Monforte de Lemos (Bóveda), Becerreá-Cervantes (Becerreá) (Lugo); Mancomunidade de Vilamarín-Coles-Amoeiro-A Peroxa (Vilamarín), Montederramo, Agrupación Coles-Amoeiro-A Peroxa-Vilamarín (A Peroxa), Mancomunidade Esgos-Baños de Molgas-Maceda-Nogueira de Ramuín-Paderne-O Pereiro de Aguiar-Xunqueira de Espadanedo (presidente), Mancomunidade Esgos-Baños de Molgas-Maceda-Nogueira de Ramuín-Paderne de Allariz-O Pereiro de Aguiar-Xunqueira de Espadanedo (presidente), Mancomunidade do Ribeiro (presidente), Viana do Bolo, Riós, Cualedro (Ourense); Lalín, Arbo, Tomiño, Pontecesures, Agolada, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, Forcarei, Marín, Cerdedo (Pontevedra).

Orde do 19 de setembro de 2002 pola que se acorda a cesión da propiedade de determinados automóbiles a favor dos concellos de Sada, Neda, A Laracha, Paderne, Outes, Ribeira, Agrupación de Padrón-Rois-Dodro (Rois), O Pino-Touro (O Pino), Agrupación Negreira-A Baña-Brión (Negreira), Oleiros, Ponteceso, San Sadurniño, Muros, Cee, Melide (A Coruña); Agrupación Castroverde-O Corgo (Castroverde), Navia de Suarna, Foz, Xermade-Guitiriz-Begonte-Rábade-Outeiro de Rei-Castro de Rei (Xermade), A Pobra do Brollón, Láncara, Bóveda-Monforte de Lemos (Bóveda), Becerreá-Cervantes (Becerreá) (Lugo); Mancomunidade de Vilamarín-Coles-Amoeiro-A Peroxa (Vilamarín), Montederramo, Agrupación Coles-Amoeiro-A Peroxa-Vilamarín (A Peroxa), Mancomunidade Esgos-Baños de Molgas-Maceda-Nogueira de Ramuín-Paderne-O Pereiro de Aguiar-Xunqueira de Espadanedo (presidente), Mancomunidade Esgos-Baños de Molgas-Maceda-Nogueira de Ramuín-Paderne de Allariz-O Pereiro de Aguiar-Xunqueira de Espadanedo (presidente),

Mancomunidade do Ribeiro (presidente), Viana do Bolo, Riós, Cualedro (Ourense); Lalín, Arbo, Tomiño, Pontecesures, Agolada, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, Forcarei, Marín, Cerdedo (Pontevedra).

A protección do ambiente e a mellora da calidade de vida dos cidadáns son dous obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia.

Para o cumprimento destes fins é consciente das necesidades de medios materiais e técnicos e a falta de medios económicos que teñen os concellos. Na pasada década a Xunta de Galicia estableceu un programa de cooperación coas entidades locais para dotalas de recursos que lles permitiran realizar con éxito as tarefas de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos ó vertedoiro ou ecoplanta.

O programa de cooperación coas entidades locais en materia de residuos sólidos urbanos regulouse ó abeiro das ordes do 26 de maio de 1989 (DOG nº 121, do 26 de xuño), 11 de maio de 1990 (DOG nº 97, do 21 de maio), 26 de marzo de 1991 (DOG nº 71, do 15 de abril), 12 de maio de 1992 (DOG nº 106, do 4 de xuño), 25 de maio de 1994 (DOG nº 113, do 14 de xuño) e 26 de setembro de 1996 (DOG nº 189, do 26 de setembro) e co desenvolvemento de convenios de colaboración específicos cos concellos e mancomunidades que así o solicitaron, para a cesión en uso de determinados vehículos recolectores-compactadores de residuos sólidos urbanos.

Os concellos de Sada, Neda, A Laracha, Paderne, Outes, Ribeira, Agrupación de Padrón-Rois-Dodro (Rois), O Pino-Touro (O Pino), Agrupación Negreira-A Baña-Brión (Negreira), Oleiros, Ponteceso, San Sadurniño, Muros, Cee, Melide (A Coruña); Agru

pación Castroverde-O Corgo (Castroverde), Navia de Suarna, Foz, Xermade-Guitiriz-Begonte-Rábade-Outeiro de Rei-Castro de Rei (Xermade), A Pobra do Brollón, Láncara, Bóveda-Monforte de Lemos (Bóveda), Becerreá-Cervantes (Becerreá) (Lugo); Mancomunidade Vilamarín-Coles-Amoeiro-A Peroxa (Vilamarín), Montederramo, Agrupación Coles-Amoeiro-A Peroxa-Vilamarín (A Peroxa), Mancomunidade Esgos-Baños de Molgas-Maceda-Nogueira de Ramuín-Paderne-O Pereiro de Aguiar-Xunqueira de Espadanedo (presidente), Mancomunidade Esgos-Baños de Molgas-Maceda-Nogueira de Ramuín-Paderne de Allariz-O Pereiro de Aguiar-Xunqueira de Espadanedo (presidente), Mancomunidade do Ribeiro (presidente), Viana do Bolo, Riós, Cualedro (Ourense); Lalín, Arbo, Tomiño, Pontecesures, Agolada, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, Forcarei, Marín, Cerdedo (Pontevedra) solicitan a cesión en propiedade dos vehículos recolectores-compactadores de residuos sólidos urbanos, cedidos en uso na actualidade

Con este fin, a Consellería de Medio Ambiente tramitou o expediente de cesión dos ditos vehículos, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, engadido pola Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1997, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto).

Por todo o exposto, e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade dos seguintes vehículos a favor dos concellos de Sada, Neda, A Laracha, Paderne, Outes, Ribeira, Agrupación de Padrón-Rois-Dodro (Rois), O Pino-Touro (O Pino), Agrupación Negreira-A Baña-Brión (Negreira), Oleiros, Ponteceso, San Sadurniño, Muros, Cee, Melide (A Coruña); Agrupación Castroverde-O Corgo (Castroverde), Navia de Suarna, Foz, Xermade-Guitiriz-Begonte-Rábade-Outeiro de Rei-Castro de Rei (Xermade), A Pobra do Brollón, Láncara, Bóveda-Monforte de Lemos (Bóveda), Becerreá-Cervantes (Becerreá) (Lugo); Mancomunidade Vilamarín-Coles-Amoeiro-A Peroxa (Vilamarín), Montederramo, Agrupación Coles-Amoeiro-A Peroxa-Vilamarín (A Peroxa), Mancomunidade Esgos-Baños de Molgas-Maceda-Nogueira de Ramuín-Paderne-O Pereiro de Aguiar-Xunqueira de Espadanedo (presidente), Mancomunidade Esgos-Baños de Molgas-Maceda-Nogueira de Ramuín-Paderne de Allariz-O Pereiro de Aguiar-Xunqueira de Espadanedo (presidente), Mancomunidade do Ribeiro (presidente), Viana do Bolo,

Riós, Cualedro (Ourense); Lalín, Arbo, Tomiño, Pontecesures, Agolada, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, Forcarei, Marín, Cerdedo (Pontevedra).

MatrículaConcelloMarcaNº bastidor

C 0491 AYFozRos-RocaVS11217A7M6E60311

C 0492 AYXermadeSematVS11217A7M6E60317

C 0517 AWCastroverdeRos-RocaVSKM1116345680

C 0522 AWA Pobra do BrollónRos-RocaVSKM1116346310

C 0524 AWNavia de SuarnaRos-RocaVSKM1116346027

C 1477 AVLalínRos-RocaVSYA17V1GLMO78972

C 1478 AVArboRos-RocaVSYA17VIGLM079482

C 1480 AVTomiñoRos-RocaVSKM1116GLB342810

C 1483 AVPontecesuresRos-RocaVSKM1116GLB342385

C 1485 AVAgoladaRos-RocaVSKM1116GLB342559

C 1486 AVRodeiroRos-RocaVSKM1116GLB342539

C 1491 AVVila de CrucesRos-RocaVSKM1116GLB343437

C 1492 AVSilledaRos-RocaVSKM1116GLB342912

C 2143 ATForcareiRos-RocaVSKM1116GLB339285

C 2151 ATMarínRos-RocaVS11217A7K7E60231

C 2236 AYVilamarínRos-RocaVSKM1116GMB348970

C 2241 AYMontederramoRos-RocaVSKM1116GMB350012

C 3370 AVSadaRos-RocaVSKM1116GLB345928

C 3371 AVNedaRos-RocaVSKM1116GLB345978

C 3374 AVMelideRos-RocaVSKM1116GLB345477

C 3375 AVA LarachaRos-RocaVSKM1116GLB345512

C 3377 AVPaderneRos-RocaVSKM1116GLB345594

C 3378 AVOutesRos-RocaVSKM1116GLB345679

C 3384 AVRibeiraRos-RocaVSYA17VIGLMO79311

C 3638 ATManc. Xunq. EspadanedoRos-RocaVSKM1116GLB339488

C 3640 ATLáncaraRos-RocaVSKM1116GLB339236

C 3641 ATA PeroxaRos-RocaVSKM1116GLB340099

C 3644 ATManc. Xunq. EspadanedoRos-RocaVS11217A7K8E60250

C 3645 ATRoisRos-RocaVS11217A7K7E60247

C 4078 AYO PinoRos-RocaVSKM1116GMB350463

C 5386 AVViana do BoloRos-RocaVSKM1116GLB346172

C 5388 AVRiósRos-RocaVSKM1116GLB345672

C 5392 AVCualedroRos-RocaVSKM1116GLB345735

C 5394 AVManc. O RibeiroRos-RocaVSKM1116GLB346061

C 6452 AXCerdedoRos-RocaVSKM1116GMB348614

C 6454 AXBóveda Ros-RocaVSKM1116GMB348484

C 6455 AXBecerreá Ros-RocaVSKM1116GMB348528

C 6834 ATNegreiraRos-RocaVSKM1116GLB340109

C 6836 ATOleirosRos-RocaVSKM1116GLB339917

C 6837 ATPontecesoRos-RocaVSKM1116GLB340302

C 6838 ATNegreiraRos-RocaVSKM1116GLB3339926

C 6839 ATSan SadurniñoRos-RocaVSKM1116GLB340315

C 6840 ATMurosRos-RocaVSKM111GLB340372

C 6841 ATCeeRos-RocaVSKM1116GLB340281

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse á recollida e transporte de residuos sólidos urbanos.

b) A cesión, en propiedade, outórgase con carácter definitivo, sen prexuízo do previsto nos parágrafos seguintes.

c) Coa cesión outorgaráselle ó concello a propiedade do vehículo, comprometéndose este a realizar ante a Xefatura Provincial de Tráfico os trámites precisos para o cambio da titularidade do vehículo.

d) O concello comprométese a efectua-lo pagamento dos importes adeudados en concepto de imposto de circulación.

e) Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado, ou no suposto de alleamento o seu importe non fose reinvestido na adquisición dun ben destinado á mesma finalidade, se se descoidasen ou

utilizasen con grave quebrantamento ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioración que experimentasen.

f) A Consellería de Medio Ambiente poderá comproba-lo cumprimento das obrigas que leve implícitas a cesión, en virtude das facultades de control e vixilancia da cesión atribuídas no artigo 87 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e da obriga prevista no punto c) deste artigo.

g) As entidades locais serán responsables fronte a terceiros de tódolos danos que se puidesen derivar directa e indirectamente da utilización dos bens cedidos.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e o órgano competente dos distintos concellos, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Consellería de Medio Ambiente, a través das súas delegacións provinciais, realizará os trámites necesarios para a efectividade desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente