Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de residuos que se cita, devolto polo servicio de correos. (Expediente ESCA 42/2002-LU).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG del 6 de febrero), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Nómease instructor deste procedemento a Luis Quiroga Arnal e secretaria a Paloma Quiroga López, funcionarios desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70, 2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 6 de maio 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: ESCA 42/2002-LU.

Denunciado: Francisco Baños Couso.

DNI: 10042698-R.

Enderezo: O Cereixal-Hostal Satélite, nº 22, Becerreá. Lugo.

Feito denunciado: abandonar un animal morto (can de raza pastor belga, de cor negra), na marxe dereita da estrada N-VI, sendo recoñecida a súa propiedade polo denunciado, sen proceder ó seu enterramento, atopándose totalmente ó aire libre.

Precepto sancionador: artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, de residuos.

Cualificación: grave.

Sanción: 601,02 euros.