Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a convocatoria da poxa de madeira número 1/2002.

A Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente resolve convoca-la poxa de madeira nº 1/2002, de acordo coas seguintes características:

1. Obxecto: o alleamento dos lotes de madeira que figuran na relación anexa.

2. Fianza provisional: a que figura na citada relación para cada un dos lotes.

3. Exposición de pregos: estarán de manifesto no Servicio de Montes e Industrias Forestais desta delegación (edificio administrativo de Monelos, praza Luis Seoane s/n, 5º andar, A Coruña), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

4. Prazo de presentación das proposicións: vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Se o día de remate cadra en sábado, o prazo rematará o luns seguinte.

5. Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da delegación provincial (edificio administrativo Monelos, 5º andar), na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

6. Documentación que van presenta-los licitadores: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións, que non cadre en sábado. O lugar publicarase no taboleiro de edictos do Servicio de Montes e Industrias Forestais, e no rexistro da delegación, partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Información sobre esta poxa: teléfono 981 18 46 63.

O adxudicatario, dentro dos vinte (20) días seguintes ó da data da notificación da adxudicación, deberá presenta-los documentos acreditativos de ter depositado:

a) Importe da adxudicación, prezo total do remate.

b) Importe das taxas.

c) Importe dos gastos deste anuncio.

d) Fianza definitiva, 4% sobre o importe da adxudicación, máis unha fianza complementaria do 6% do prezo de adxudicación (artigo 4.2º do Decreto 244/1998, do 24 de xullo).

e) IVA, 8% sobre o importe da adxudicación se están acollidos ó réxime especial agrario, a porcentaxe que corresponda se está acollido ó réxime xeral que aplica á propiedade do monte.

f) Os demais que se establezan no prego de cláusulas administrativas particulares do aproveitamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2002.

Higinio J. Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña