De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 10/1998, de residuos.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sanciona
dora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 26 de xullo de 2002.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente nº: ESCA 11/02-LU.
Denunciado: Javier López Pérez.
DNI: 10863642.
Enderezo: r/ A Casilla, s/n, Burela. Lugo.
Feito denunciado: vertedura incontrolada de residuos, así como non entrega-los residuos ó xestor autorizado.
Precepto sancionador: 34.3º b) da Lei 10/1998, de residuos.
Cualificación da sanción: grave.
Sanción: 12.020,24 euros.