Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a implantación duns sistemas dixitais de gravación en salas de vistas en órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: implantación duns sistemas dixitais de gravación en salas de vistas en órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: as sinaladas no anexo do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de entrega: o sinalado no anexo do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de entrega: un mes contado desde a data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 355.000 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 7.100 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17 e 981 54 62 29.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: ás 14 horas do día 30 de outubro de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 11 de novembro de 2002.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 9 de setembro de 2002.

12. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais