Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.037

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (351/2002-M).

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu

partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de medidas cautelares coetáneas, seguidos por instancia de María del Carmen Parada Loira, representada polo procurador José María Moreda Allegue contra Manuel Hermida Gómez, dictouse auto con encabezamento e decisión como segue:

Na Coruña o dous de setembro de dous mil dous.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de medidas cautelares coetáneas contenciosa seguidos neste xulgado co número 351/2002-M por instancia de María del Carmen Parada Loira, representada polo procurador José María Moreda Allegue e defendida pola letrada Ana Pernas Vilasuso, sendo parte demandada Manuel Hermida Gómez con domicilio descoñecido.

Parte dispositiva. S.Sª., por ante min, secretaria, acorda:

1. A separación provisional de Manuel Hermida Gómez e María del Carmen Parada Loira.

2. Atribuír á esposa e fillos o uso e desfrute do domicilio conxugal e o enxoval doméstico.

3. Queda-lo fillo Jorge baixo a garda e custodia da nai ostentando ambos proxenitores a patria potestade.

4. Establecer a favor do pai o seguinte réxime de visitas:

a) As fins de semana primeira e terceira de cada mes desde as vinte horas do venres ata as vinteúnha horas do domingo.

b) No Nadal do 22 ó 29 de decembro os anos pares e do 30 de decembro ó 6 de xaneiro nos anos impares.

c) En Semana Santa do domingo de ramos ó mércores santo, os anos pares, e do xoves santo ó domingo de resurrección os anos impares.

d) No verán o mes de xullo os anos pares e o mes de agosto os anos impares.

En todos estes períodos de visitas o pai recollerá e reintegrará ó menor no domicilio conxugal.

5. Fixar en cento oitenta euros mensuais a cantidade que o marido aboará á esposa, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, con efecto de primeiro de xullo polo concepto de alimentos para o fillo, cantidade que ingresará na conta que aquela designe e que será actualizada anualmente con efecto de 1 de febreiro, de acordo coas variacións que experimente o índice de prezos ó consumo.

6. Non hai lugar ó demais solicitado.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún. Seguen sinaturas e rúbricas.

E para que conste e sirva de cédula de notificación en forma a Manuel Hermida Gómez, na actualidade en domicilio descoñecido, expido esta cédula, que asino na Coruña, dous de setembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado