Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.037

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifican e se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Visto o acordo do Pleno da Corporación Municipal do Concello de Forcarei (Pontevedra), con data do 22 de marzo de 2002, relativo á modificación da clasificación do posto de secretaría, actualmente de clase segunda, en secretaría de clase terceira, correspondente á subescala de secretaría-intervención.

Esta Dirección Xeral de Administración Local, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, co artigo 159.1º do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto lexislativo 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e a Orde do 29 de maio de 2002, sobre delegación de competencias.

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la clasificación do posto de secretaría do Concello de Forcarei (Pontevedra), quedando clasificado en clase terceira, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de secretaría-intervención.

Segundo.-Suprimi-lo posto de intervención do devandito concello.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Dirección Xeral de Administración Local, no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnala directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo determina o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2002.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local