Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.038

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (548/2002).

María del Socorro de Álvaro Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 548/2002, acordouse, por Resolución do 2 de setembro de 2002, a citación de Said Bachir Embarec mediante a publicación da seguinte:

Cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 548/2002, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Said Bachir Embarec, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 28 de outubro ás 10 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, dous de setembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado