Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto denominado liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro, nos concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín (Ourense), promovido pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., modificada mediante Resolución do 20 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 2 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do proxecto denominado liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, situada nos concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín (Ourense), promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A., que se transcribe como anexo a

esta resolución, modificada mediante Resolución do 20 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro. Estudio de impacto ambiental.

-Modificado nº 2 ó proxecto oficial da L.A.T. 220 kV Velle-San Pedro.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas na documentación presentada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación avaliada e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica de alta tensión (220 kV), con partida proxectada na subestación de Velle e remate no apoio nº 2 da L.A.T. San Pedro-Santo Estevo, cunha lonxitude total de 16.200 m, con apoios de celosía sobre zapatas de formigón, con illadores, conductores eléctricos de terra e fibra óptica.

A traza discorrerá polos concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín na provincia de Ourense, segundo o plano localización. Modificado nº 2 á L.A.T. 220 kV Velle-San Pedro. Follas 1 e 2. Código PL2691EO1001, agás desde o apoio nº 35 en diante, sendo as coordenadas UTM dos apoios definitivos, as indicadas na listaxe de coordenadas apoios da L.A.T. 220 kV Velle-San Pedro, e que se recollen a continuación:

Nº apoioUTM XUTM Y

3595873,4564689793,080

4595970,0744689839,904

5596248,9574689968,252

6596544,9874690185,174

7596878,9284690429,876

8597025,7334690537,451

9597487,1784690768,373

10597737,5744690893,679

11597985,2874691017,643

12598386,6784691221,077

13598665,3114691360,514

14599003,1054691526,992

Nº apoioUTM XUTM Y

15599228,4624691639,768

16599588,9124692003,389

17599947,2504692364,878

18600175,3474692594,982

19600422,1934692716,193

19 BIS600662,7554692834,319

20600884,4684692943,189

21601166,1844693250,638

22601415,4734693522,697

23601483,9644693922,878

24601877,5024694319,877

25601976,0774694438,195

26602283,3244694806,975

27602388,3004694932,976

28602676,3444695278,708

29602805,0904695513,758

30603018,8654695904,046

31603094,7674696042,621

32603310,9454696437,295

33603554,0244696881,083

34603647,2204697051,232

35603791,3384697314,347

36603859,5544697438,889

37604067,0844697817,776

38604394,7134698415,926

39604488,8704698587,828

40604574,3804698743,944

41604681,0274698938,649

42604752,3934699188,664

43604928,8844699806,967

45-BIS605240,0004700265,000

48605774,1814700718,052

49605822,3444700820,274

50605870,9344700923,400

Os apoios 45 e 46 substitúense por un só apoio denominado 45-bis.

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre campos eléctricos e magnéticos.

Deberase contemplar nas zonas de Cerdeiro, Lamagrande, Fontefría e Riocabe a recomendación del Consello do 12 de xullo de 1999 relativa á exposición ó público en xeral a campos electromanéticos (0 Hz a 300 GHz).

Así mesmo, nas poboacións indicadas no parágrafo anterior, deberase realizar un seguiemento de campos electromagnéticos, segundo o indicado no punto 10.2 da presente DIA.

2.2. Sobre a emisión de po.

Co fin de diminuí-la emisión de po á atmosfera, que se pode producir pola construcción das vías de acceso e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en periódos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos, especialmente nas zonas poboadas e nas que teñan vexetación de interese (carballos e castiñeiros principalmente), segundo o indicado polo promotor.

2.3. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exte

rior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, as ordenanzas municipais establecidas ó respecto.

Ademais, de acordo co punto 8º do artigo 4 da citada lei, presentarase un estudio acreditativo do impacto acústico do proxecto, estudio que se require no punto 10.7 da presente DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Para calquera afección sobre o leito e/ou zona de policía (como cruzamento de liñas eléctricas, apertura de vías) será preceptiva a autorización da Confederación Hidrográfica do Norte, segundo se establece na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e no R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

Nos terreos próximos ós cursos de auga, instalaranse mallas ou outros dispositivos para evita-la escorrega, co fin de evita-la incorporación de sólidos ós cursos de auga.

Non estando previsto no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este, necesariamente, será provisto desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Os labores de mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais que poidan afecta-los cursos de auga. No caso de ter que realizar algún tipo de mantemento ou reparación de maquinaria na zona de obras, derá ser obrigatoriamente no espacio dedicado para tal fin, segundo se indica no EIA.

4. Protección do solo.

Realizarase unha delimitación das zonas de obra, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos. A circulación de maquinaria restrinxirase ás vías.

Aproveitarase ó máximo á rede de camiños xa existentes, co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso, segundo o indicado no EIA.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns. No caso de que se produzan sobrantes de terras, estes deberán ser levados a lugar autorizado por órgano competente, segundo o indicado no EIA.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada durante os labores de escavación e amoreada en montóns coas seguintes características, dependendo do seu uso final:

-No caso de reutilizala na restauración, os amoreamentos non superarán os dous metros e medio de altura.

-No caso de abandono, a altura máxima permitida destes amoreamentos será de 50 cm e a revexetación deberá ser inmediata.

Os lugares de amoreamento de terra vexetal estarán fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de tal xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nas accións de recuperación. No caso de que pasen máis de seis

meses deberán airearse. Así mesmo, a zona de localización debe ter pendentes suaves e escaso valor ambiental.

Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción, lixo, entullo, así como os materiais sobrantes de obra, serán xestionados de acordo coa súa natureza e retirados cando esta finalice, recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente. Neste senso, primarase a reutilización ou reciclaxe fronte á vertedura. Ó finaliza-las obras a zona debe quedar totalmente limpa.

Nos terreos de forte pendente utilizaranse apoios con patas desiguais co fin de minimiza-lo terreo afectado polas escavacións.

5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

5.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, tendo en conta a presencia na zona de especies de gran valor ecolóxico (en especial a Aquila chrysaetos, aguia real) que poden verse afectadas pola liña, tomaranse as medidas protectoras necesarias para minimiza-lo risco de electrocución e colisión.

Así mesmo, deberase presentar un estudio detallado das poboacións de aves rapaces presentes na zona e das medidas que hai que adoptar xunto coa súa xustificación, segundo o requirido no punto 10.6 desta DIA.

Levarase a cabo un programa de vixilancia periódica co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves cos cables do tendido, observando en que zonas se producen e que especies son afectadas. Se se constata afección á avifauna, analizaranse as causas e estableceranse as medidas correctoras oportunas, segundo o indicado no punto 10.6 desta DIA.

5.2. Sobre a vexetación.

O mantemento da vexetación autóctona atravesada pola liña deberá respecta-los seguintes criterios:

-Eliminación das especies alóctonas pirófitas e/ou invasoras que se localicen na faixa de 30 metros baixo a liña.

-A apertura da faixa precisa para o tendido do cable, será o estrictamente necesario. Unha vez izado este, procederase á selección dos abrochos de cepa das especies autóctonas que previamente tivesen que cortarse, deixando un por toco.

-Enriquecemento da composición específica baixo a franxa de 30 metros con especies arbustivas (non matogueiras) propias da rexión bioclimática (Quercus suber, Arbustus unedo, Sorbus aucuparia, Laurus nóbilis, Prunus spinosa, Pyrus cordata, e/ou outras), non podendo crear rodais monoespecíficos.

-Mantemento das especies autóctonas. No caso de ser precisas podas e esmoucas, seguiranse prácticas silvícolas adecuadas, con especial fincapé nos tratamentos sanitarios: agardarase ás épocas axeitadas de corta, manterase unha proporción adecuada entre a parte aérea e sistema radicular, e aplicaranse os productos cicatrizantes oportunos.

-Se ben a esmoucas están limitadas a un mínimo no centro do van, a medida que nos afastamos deberán manter unha proporción concordante co incremento de altura da catenaria.

Calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización ou informe, segundo o caso, do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, tal como se establece na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o regulamento da antedita lei.

Previamente á corta de arborado realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberá procederse a súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo e diminuí-lo risco de incendios forestais.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de vías e foxos) deberán ser recuperados mediante revexetación, que restitúa as condicións previas ó inicio das obras e favoreza a reinstalación da vexetación orixinal, polo que se deberá presentar un proxecto de revexetación de tódalas zonas afectadas polas obras, segundo o requirido no punto 10.10 da DIA.

Aquelas vías que non vaian ser empregadas durante a fase de funcionamento da liña deberanse definir e reintegrar na paisaxe, revexetándoos en toda a súa extensión.

5.3. Sobre os hábitats naturais.

Dado que é inevitable que a devandita liña afecte a unha zona do espacio natural en réxime de protección xeral do Canón do Sil, deberán propoñerse medidas compensatorias (segundo o punto 4º, artigo 6, del Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro), tendo en conta o seguinte:

-Os terreos adquiridos deberán sustentar hábitats susceptibles de pasar a ser de interese comunitario ou prioritarios e se configuren dentro listaxe de hábitats polos que ese espacio foi proposto como LIC. Primaranse os terreos que sexan susceptibles de adquiri-la condición ecolóxica de carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pirenaica e bosques de Castanea sativa.

-As superficies non deben estar illadas, sendo preferible que formen un continuo con hábitats similares.

-Finalmente procederase á adopción das medidas oportunas para a consecución dos obxectivos dos puntos anteriores, entendéndose implicitamente a restauración de espacio.

6. Protección dos valores arqueolóxicos.

Os acesos de nova creación terán que contar cun estudio de impacto arqueolóxico que terá que ser informado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo en conta que a apertura dos ditos accesos non poderá afectar a ningún elemento do patrimonio cultural.

Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico, para tódalas obras que hai que

realizar, que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e que deberá incluír:

-A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos) presentes na zona.

-O control e seguimento arqueolóxico de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

-Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos de patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

En relación co impacto sobre os xacigos O Castelo e O Tombo, acéptase a medida correctora recollida no estudio de impacto ambiental, consistente no desprazamento 50 m ó S o apoio localizado entre os xacigos do Castelo e O Tombo.

7. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente as vías de acceso de nova creación, os noiros e os terrapléns, deberán integrarse na paisaxe.

8. Outras medidas.

No referente ó cruzamento entre liñas, seguirase o disposto no Decreto 3151/1968, do 23 novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (BOE nº 311, do 27 de decembro) e a súa corrección de erros (BOE nº 58, de 8 de marzo de 1969).

9. Fase de abandono.

Ó longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a xestor autorizado para a súa correcta eliminación e/ou reciclaxe. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para uso exclusivo da liña.

10. Documentacio adicional.

Previamente ó inicio das obras, no prazo máximo de tres (3) meses desde a notificación da presente DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

10.1. Proposta de medidas compensatorias tendo en conta o indicado no punto 5.3.

10.2. Proposta xustificada de estudio de seguimento de campos electromagnéticos nas poboacións indicadas no punto 2.1 da presente DIA.

10.3. Sobre os accesos, de acordo co punto 6 da declaración, deberase presentar un proxecto arqueolóxico no que se incluirá:

1. A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos) de acordo co estudio de impacto ambiental.

2. O control e seguimento arqueolóxico de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

3. Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

10.4. Estudio de impacto arqueolóxico dos accesos de nova creación, segundo o indicado no punto 6 da presente DIA.

10.5. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 6 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

10.6. Definición detallada dun programa de vixilancia periódica das posibles colisións e electrocucións da avifauna co tendido, facendo espacial fincapé nas rapaces e en especial na aguia real, no que se inclúa a descrición e xustificación da metodoloxía empregada no seguimento. Así mesmo, definiranse detalladamente as medidas que se van adoptar para minimiza-lo risco de electrocución e colisión das aves.

10.7. Proposta detallada dun programa de seguimento e control de ruídos na fase de obra, tendo en conta as poboacións máis próximas ó trazado da LAT.

10.8. Proposta dun plan para o control do funcionamento da rede de drenaxe na área da LAT, tanto na fase de obras como na de funcionamento.

10.9. Estudio de detalle da proposta do plan de traballo previsto pola empresa contratada, no que se inclúa a localización de tódalas infraestructuras da liña eléctrica e os límites das zonas de obra. Describirase o percorrido das vías, diferenciando os de nova creación dos xa existentes, relativizando ámbolos dous coas formacións vexetais existente na zona.

10.10. Proxecto de revexetación da zona afectadas polas obras, no que se inclúan planos e orzamento.

Unha vez feita esta avaliación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó desenvolvemento do proxecto ata que non conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Unha vez informado por esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicaralle a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo o cronograma estimado de obras, que inclúa tódalas actividades que hai que realizar.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas no estudio ambiental e do condicionado da presente declaración. O programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións

que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, permitindo determinar e cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, coa periodicidade indicada, tres (3) copias da seguinte documentación:

11.1. Durante a execución das obras, presentarase:

11.1.1. Con carácter mensual:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, resaltando as críticas, debéndose incluí-las medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

11.1.2. Con carácter trimestral:

b) Informe, xunto coa reportaxe fotográfica, onde se reflicta o desenvolvemento dos traballos, recollendo así mesmo as incidencias, imprevistos e continxencias acontecidas en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA. Nas fotografías deberase indica-la data e hora de toma. Así mesmo, indicarase no plano requirido no punto 11.1.2.c. o lugar onde se realizaron as fotografías.

c) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflicta o avance dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, implantación de apoios e foxos, así como unha listaxe da localización dos apoios, en coordenadas UTM.

d) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de obras, tendo en conta as poboacións máis próximas ó trazado da LAT.

e) Resultados do plan para o control do funcionamento da rede de drenaxe na área da LAT.

11.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase un informe fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódalas accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Reportaxe fotográfica, indicando nas fotografías a data e hora de toma, na que se recollan os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, estado das vías de acceso e servicio á liña eléctrica, estado de limpeza da área. Así mesmo, indicarase no plano requirido no punto 11.2.b. o lugar onde se realizaron as fotografías.

11.3. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral contado desde o inicio da posta en servicio, durante os dous primeiros anos desta.

Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultado do seguimento das posibles afeccións á avifauna, conforme o indicado no punto 5.1 da DIA.

b) Resultado do seguimento de campos electromagnéticos, conforme o indicado no punto 2.1 da DIA.

c) Informe, xunto con reportaxe fotográfica, indicando nas fotografías a data e hora de toma, no que se recollan os resultados da aplicación do plan de recuperación de solos e vexetación requirido no punto 10.10 da DIA, incluíndo os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión, e, se é o caso, integración paisaxística. Así mesmo indicarase nun plano como o requirido no punto 11.2.b. o lugar onde se realizaron as fotografías.

d) Resultados do plan para o control do funcionamento da rede de drenaxe na área da LAT.

Á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e contidos deste informe de seguimento ambiental.

11.4. Informe ambiental previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da LAT, remitirase un programa de abandono das instalacións, que conterá as accións previstas polo promotor en cumprimento do punto 9 da presente declaración de impacto ambiental.

11.5. Informe posterior ó abandono: no prazo máximo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións que teñan carácter ambiental, especialmente no relativo a residuos perigosos, e restauración das superficies afectadas.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaranse inmediatamente a esta dirección xeral e proporanse as medidas correctoras precisas para corrixilas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicaralle a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta DIA son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez reci

bida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá a súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cun comunicado desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen llo comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio que se pretenda introducir no proxecto ou na restante documentación avaliada, deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó comezo das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e correctoras para facer fronte ós posibles danos que se produzan ó medio. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento das medidas protectoras e correctoras e plan de recuperación. Mentres non se presente axeitadamente este orzamento, como importe do aval proponse o 4% do investimento que se vai realizar.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só ós efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente.

12.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes se corrixan.

12.8. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

12.10. O proxecto de referencia terase que someter á autorización do órgano urbanístico competente desta Administración autonómica, de acordo coa Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

12.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

O proxecto consiste na instalación dunha liña eléctrica de alta tensión 220 kV, cunha lonxitude total duns 16.200 m, dos que os primeiros 985 m transcorren soterrados. A liña parte da subestación de Velle (Ourense) e continúa polos concellos do Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín ata enlazar coa liña a 220 kV que enlaza as subestacións de Iberdrola de San Pedro e Santo Estevo, onde realiza el entronque nº 2, substituíndose o tramo existente entre o último apoio e a subestación de San Pedro por un dobre circuíto. Os apoios proxectados son metálicos de celosía, sobre zapatas de formigón, con illadores e conductores de electricidade de terra e fibra óptica.

As medidas protectoras e correctoras propostas no EsIA inclúen as seguintes:

-Aproveitarase ó máximo a rede de camiños existentes, co fin de minimiza-la construcción de novos accesos.

-Os novos acesos se adaptarán ó terreo, de forma que sigan as curvas de nivel.

-O paso da maquinaria realizarase sobre as rodadas anteriores co fin de evita-la compactación e afeccións a vexetación non necesarias.

-Sinalizaranse as pistas de traballo para evitar confusións.

-Nos movementos de terra soltarase o cazo desde escasa altura para evita-la formación do po.

-Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción almacenaranse convenientemente e serán retirados da zona a vertedoiros autorizados, dependendo da súa disposición final da natureza do residuo.

-Non se permitirá a vertedura de entullo, lixo ou refugallo na área do proxecto ou en calquera outro lugar autorizado.

-Extremaranse as precaucións sobre verteduras accidentais de materiais de construcción e aceites, combustibles e residuos.

-As operacións de mantemento de maquinaria levaranse a cabo en lugares dispostos para tal fin.

-Os accesos realizaranse de tal xeito que afecten minimamente á rede natural de drenaxe.

-No caso de ter que afectar algún elemento da rede de drenaxe natural con algún acceso, adoptaranse as medidas necesarias para preservar ou non interromper os cursos de auga.

-Adoptaranse as medidas adecuadas para evita-la afección a zonas potenciais de recarga de acuíferos superficiais.

-Evitaranse os danos innecesarios á vexetación.

-Analizaranse a altura máxima que poida acada-la vexetación arbórea e a distancia ó solo dos conductores co fin de reducir ó estrictamente necesario a corta de arborado.

-Sempre que sexa posible retirarase a terra vexetal para a súa posterior utilización na revexetación.

-No caso de detectar un levantamento excesivo de po nas obras de accesos, procederase á rega de superficies expostas ó vento.

-Evitaranse os danos e molestias innecesarias ós animais na fase de obras.

-Adecuarase a velocidade de circulación de vehículos por pistas e camiños, minimizando así as molestias por ruídos sobre a fauna e a poboacións existentes nas áreas circundantes. En calquera caso seguirase o disposto na Lei 7/1997, de protección contra la contaminación atmosférica.

-Instalaranse salvapaxaros no cable de terra nos seguintes tramos da liña:

* Entre os apoios 8 e 9; 11 e 12; 15 e 16; 19 e 20; 31 e 33; 36 e 37.

* Entre os apoios 45 e 48, nas proximidades do encoro de San Pedro no río Sil.

* Entre os apoios 2 e 0 da liña San Pedro-Santo Estevo, situada neste tramo por dobre circuíto.

-Os postos de traballo xerados durante a fase de obras, cubriranse sempre que sexa posible con man de obra local.

-Procederase ó seguimento arqueolóxico que, se é o caso, dictamine a autoridade competente.

-Procederase a descompactación mediante laboreo superficial dos terreos afectados polas obras de construcción.

-No caso de detectar procesos erosivos, aplicaranse medidas de revexetación.

-Colocaranse obstáculos de paso de vehículos, nas zonas en que se abra a franxa de seguridade.

ANEXO II

RESULTADOS DAS CONSULTAS A ORGANISMOS

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe dos informes, o primeiro sobre o documento liña de transporte de energía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro. Estudio de impacto ambiental, no que conclúe:

Emitir informe favorable sobre o EIA da liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro, e acepta-las medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio arqueolóxico, cos seguintes condicionantes que hai que incluír na correspondente declaración de impacto ambiental:

1. É necesaria a elaboración dun proxecto de accesos. Este proxecto deberá contar cun estudio arqueolóxico do impacto dos ditos accesos, que terá que contar con informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

2. Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se incluirá:

-A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, de tódolos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos) recollidos no estudio de impacto ambiental.

-O control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

-Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figurarán a localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto

do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

3. En relación co impacto sobre os xacigos O Castelo e O Tombo, acéptase a medida correctora recollida no estudio de impacto ambiental:

-Desprazamento 50 m ó S o apoio localizado entre os xacigos do Castelo e O Tombo.

4. En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

5. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes.

No segundo informe, sobre o documento modificado nº 2 ó proxecto oficial de la LAT 220 kV Velle-San Pedro, conclúe o seguinte:

Emitir informe favorable sobre o modificado nº 2 do proxecto da liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro, cos seguintes condicionantes:

1. Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no que se incluirá o control e seguimento arqueolóxico das obras.

2. Así mesmo, mantense o establecido no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de data 7 de novembro de 2000, relativo ó EIA da liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro.

3. En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

4. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite un informe no que conclúe:

A liña de alta tensión prevista discorre ó longo dunha traza aproximada de 16.200 m. Nun primeiro tramo duns 985 m discorre de forma soterrada para continuar posteriormente de forma aérea, que consta de 48 apoios.

Á vista da documentación achegada en relación ó proxecto de referencia, enviado á subdirección xeral, e do informe emitido polo Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural de Ourense, emítese informe sobre seguinte:

1. As formacións vexetais que atravesa a liña, nalgunhas zonas teñen un gran valor, ben polo seu estado de conservación ben polo que significan de escasas, como son as carballeiras e as fragas, moi mermadas en amplas zonas da provincia. Así neste senso nos tres últimos barrancos que atravesa a liña existen carballeiras e fragas en bo estado de conservación e madurez, sendo as zonas máis fráxiles en canto ó trazado.

Sería polo tanto recomendable non atravesar estes barrancos (sobre todo o barranco das Carballeiras-O Camiño Novo, localizado entre os apoios 35 ó 39 que constan co nome dos Castelos), polo que se formula que se estudie a viabilidade dun trazado alternativo ou ben desprazamento dalgún apoio ou sobreelevación dalgunha torreta.

2. No tocante ós novos accesos que sexan precisos abrir deberán de sinalarse todas aquelas pistas que sufran unha modificación ou apertura, describindo detalladamente as características que a definen, así como os parámetros do medio que son afectados.

En canto a aquelas pistas ou vereas abertas durante a fase de execución, haberá que xustificar a súa necesidade futura, procedendo a súa restauración en caso contrario; en todo caso para aquelas que sexa preciso o seu mantemento realizaranse os pertinentes labores de estabilización, para evitaren procesos erosivos.

3. Segundo os datos sobre a aguia real (Aquila chrysaetos) na provincia de Ourense no ano 1999, consta que a superficie que atravesan os últimos tramos da liña poden ser zonas de campeo destas aves.

As aves son un dos elementos máis fráxiles ás actuacións previstas, polo que estimamos importante que se teña en conta o seguinte:

-Previsión de impactos negativos así como as medidas correctoras, protectoras e/ou compensatorias que se van adoptar.

-Seguimento destas poboacións unha vez efectuadas as actuacións nun plan de vixilancia de aves.

Estimamos pertinente que se cubran os puntos anteriores desenvolvéndoos axeitadamente e considerando os seguintes mínimos:

-Presentación dun plan de seguimento e vixilancia ambiental de aves que se centre na mortandade de aves provocadas por colisión e electrocución. Plan que deberá presentar detalladamente os procedementos de mostraxe e a metodoloxía empregada, incluíndo: rexistro de aves mortas por colisión e electrocución; estimación de índices de colisión e electrocución; frecuencia de colisións e electrocucións; variación estacional da frecuencia de colisións e electrocucións; estudio de voo e densidades de aves vivas; frecuencias de voo; variación horaria da frecuencia de voos; variación estacional da frecuencia de vos.

-Proposta ben definida das medidas correctoras, protectoras e compensatorias que se van adoptar, centrándose fundamentalmente nas especies máis importantes. Medidas que deberán considera-los seguintes puntos: reducción da colisión e electrocución nos tendidos eléctricos; reducción de electrocución de aves nos apoios do tendido eléctrico, prevención e corrección das nidificacións na rede de transporte.

En todo caso serán de adopción as medidas protectoras propostas na documentación achegas.

4. Na documentación entregada faise referencia á necesidade de corta de arboradura:

A este respecto non está de máis lembrar que:

-Onde se pretenda efectuar cortas de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, co cal se terá que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.

-No suposto de afectarse á vexetación de ribeira teranse que solicita-la correspondente autorización ó Servicio Provincial de MAN tal e como establece o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais:

-Para o aproveitamento e a utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas será precisa a autorización previa do Servicio Provincial de Medio Ambiente, tal e como se preceptúa no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

-Para a modificación da vexetación das beiras e marxes precisarase un informe do servicio provincial correspondente, tal e como se dispón no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

Debemos lembrar que tal e como se dispón no artigo 56.1º do Regulamento de pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais declárase para tódolos efectos como de interese xeral a conservación das formacións vexetais das marxes dos ríos, polo que se propón que se tomen tódalas medidas para impedir a corta da vexetación dos numerosos regatos que atravesan a liña de alta tensión.

En todo caso as cortas que resulten imprescindibles xerarán unha serie de productos e residuos forestais que deben ser xestionados de maneira precisa, de forma que se recomenda a valorización dos restos de corta empregando métodos de trituración e esparexemento homoxéneo, por permitir unha rápida incorporación ó solo, diminuí-las posibilidades de incendio, así como riscos de ataques de pragas e enfermidades.

5. Non se poderá depositar, nin acumular na área, nin en terreos anexos, ningún tipo de refugallo sólido. No caso de empregarse canteiras abandonadas ou outros lugares de amoreamento debe indicarse cales, ademais de como se pensan depositar e que actuacións se implementarán para acondicionar estas zonas unha vez rematado o depósito de xeito que se consiga unha boa integración no medio.

En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construcción como as que proveñan dos labores de mantemento ou outras deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.

6. En relación co punto anterior a vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullo, aceites...) non poderá afectar á calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para isto o considerado na lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa a calidade das augas continentais, no Real Decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da Administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, encontrándose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. En relación co tema terase en conta que:

-Non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullo, material sobrante da

construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poida incorporarse ós cursos de auga por escorrentías ou crecidas do caudal.

-Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

-Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

7. O solo é un sistema no que interaccionan materiais orgánicos e inorgánicos, auga, vexetais, animais superiores e multitude de microorganismos, todos eles depositarios dunha importante reserva xenética. Podemos significa-lo recoñecemento da súa importancia facendo referencia a Carta Europea dos Solos, da cal extractámo-los seguintes puntos:

-O solo debe ser protexido da erosión.

-O solo debe ser protexido contra a contaminación.

-Na realización de obras públicas e na concesión de plans de transformación deben valorarse as repercusións sobre as terras circundantes e deben tomarse as medidas adecuadas.

Queda polo tanto manifesta a importancia da terra vexetal e da súa axeitada xestión; expoñendo de seguido os criterios mínimos a ter en conta para a súa protección:

a) Recuperación da capa superior da terra vexetal. Con este fin extraerase a capa superior do solo vexetal da superficie a ocupar pola obra ou os elementos auxiliares.

b) A terra así obtida amorearase, nas zonas previstas para o efecto, ó longo da traza; na medida do posible o amoreamento será selectivo diferenciando por calidade e características do material.

c) Conservación da terra vexetal. O mantemento realizarase co mínimo de labores posibles, a súa utilización deberá programarse de xeito que se minimicen os tempos de almacenaxe e de permanencia das superficies denudadas.

Os proxectos deberán especifica-las operacións de mantemento da terra vexetal.

c) Balance da terra vexetal. Cando este balance sexa negativo calcularase a cantidade de terra vexetal suplementaria e o seu custo, así como onde e como se pensa obter.

f) Definición contractual e programación dos traballos. Este asunto será tratado máis adiante, nembargantes aquí particularizarémo-lo enfoque que se adoptará para este recurso natural.

Tódalos labores de retirada, almacenamento e acondicionamento da terra vexetal útil, virán completamente definidas.

A súa retirada virá programada reflectíndose no cronograma de traballos. Procurarase que a retirada da terra vexetal se realice antes de que o tránsito da maquinaria compacte a terra, e a súa área de distribución farase de forma programada co resto dos labores de obra.

Preverase, e orzarase, a protección da terra vexetal desde o seu reparto no terreo ata o momento da sementeira. Neste sentido preveranse moi especialmente a

escorrentía desde a plataforma ata os terrapléns e do terreo non alterado cara ós desmontes.

Finalmente, estimamos que deberá implementarse a planificación, execución e posterior xestión, de forma que se maximice a compatibilización; tomaranse para isto e entre outras, as medidas suxeridas neste informe.

A Dirección Xeral de Industria emite informe, xunto cunha proposta de condicionado ambiental que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial da actuación.

-Protección do solo.

-Protección da fauna e flora.

-Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

-Outras medidas.

-Recuperación situación orixinal tras fase de explotación.

-Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

-Condicións adicionais.

-Condicións específicas.

-Condicións xerais.

A Dirección Xeral de Obras Públicas, no seu informe indica o seguinte:

-A realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, en concreto no que atinxe ó uso e defensa destas.

-As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe no que conclúe:

1. Que o impacto visual na paisaxe sería asumible en todo o traxecto da liña, exceptuando o derradeiro tramo.

2. Que para a realización deste tramo sería moi aconsellable estudiar máis polo miúdo o impacto visual que produciría na paisaxe e que sería visible desde o mosteiro de San Vicente do Pombeiro, buscando que coa situación da nova torre o impacto resultase o menor posible e sopesando a posibilidade de realiza-lo dito novo tramo, así como o existente que se substitúe, soterrado, sempre que os efectos do soterramento foran máis brandos desde o punto de vista ambiental.

ANEXO III

RESUMO DAS ALEGACIÓNS RECIBIDAS

Mª Concepción Moute Pato e Mª Teresa Carballo Carballo presentan as seguintes alegacións:

-A liña afectará á Ribeira Sacra, un dos espacios naturais máis importantes de Galicia, prexudicando o desenvolvemento dunha zona de especial interese paisaxístico e turístico, ademais de zonas poboadas moi próximas á liña.

-Ó anterior habería que suma-lo efecto negativo do campo magnético que orixina unha instalación desta magnitude.

-Presentan tamén alegacións xurídicas.