Con data do 16 de xullo de 2002, a delegada provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra dictou acordo de inicio do expediente sancionador nº 91/02 PAN, incoado pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 4 do referido artigo, notifícaselle a José Apolinar Pazos González para que poida ter coñecemento do contido deste.
Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que lle asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Pontevedra, 29 de xullo de 2002.
Mª Dolores Pan Vázquez
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: nº 91/02 PAN.
Denunciado: José Apolinar Pazos González.
Último enderezo coñecido: rúa Luis Aguiar, 7-1º, concello de Ponteareas (Pontevedra).
Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.
Precepto infrinxido:
-Artigo 2.2º.2) do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Capítulo IV do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimentarios.
Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de Sanidade.
Sanción imposta: 150 euros.