Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.002

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (519/2002).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento número 519/2002, por instancia de José Andrés Filgueira Guerrero, contra Fogar Gas, S.L., sobre despedimento, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o próximo día 25-9-2002 ás 10 horas, cítase en única convocatoria

a empresa Fogar Gas, S.L., que tivo o seu domicilio na r/ Mosteiro de Caaveiro nº 18, A Coruña, e hoxe en paradoiro ignorado para que acompañado de tódolos medios de proba de que se intente valer, compareza neste xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírteselle de que as sucesivass dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está ó seu dispor na secretaría deste xulgado. Requírese a empresa demandada Fogar Gas, S.L. Cítase, así mesmo, a un representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento a Fogar Gas, S.L., expídese este edicto en Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado