Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.002

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (38/2002).

Elma Monzón Cuesta, secretaria do Xulgado de Instrucción número tres de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 38/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Xulgado de Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Procedemento: xuízo de faltas 38/2002.

En Santiago de Compostela, trinta e un de maio de dous mil dous.

En nome de súa maxestade o Rei

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, visto e oído en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 38/2002, seguida por unha falta de ameazas, no que foron partes como denunciante María Yolanda Vázquez Barros e como denunciados Natalia Mariño Castro e Jesús Alejandro Pasín Martínez, pronunciou a seguinte sentencia:

«Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación

Decido que debo absolver e absolvo a Natalia Mariño Castro e a Jesús Alejandro Pasín Martínez, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ambos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, Sección sexta con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a María Yolanda Vázquez Barros, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, trinta de agosto de 2002.

O secretario

Rubricado