Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 16 de setembro de 2002 pola que se convocan eleccións e se dictan normas para a renovación dos consellos reguladores da denominación específica Orujo de Galicia, da denominación de orixe protexida Queixo Tetilla, das indicacións xeográficas protexidas Lacón Gallego e Pataca de Galicia e da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

A Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcohois, configurou os consellos reguladores como os órganos rectores das distintas denominacións de calidade. O regulamento polo que se desenvolve esta lei, aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo, precisa, ó establece-la constitución dos ditos consellos, que os cargos de vocais serán renovados cada catro anos.

En virtude das competencias asumidas na materia, aprobouse o Decreto 63/2002, do 28 de febreiro, que regula, para as denominacións de calidade de ámbito exclusivo desta Comunidade Autónoma dependentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, os aspectos básicos dos procesos electorais para a renovación dos membros dos consellos reguladores, diferindo ás ordes de convocatoria correspondentes a regulación concreta de aspectos máis particulares, como a determinación de censos e subcensos que hai que constituír, os vocais que hai que elixir por cada un deles ou o calendario electoral específico.

Por outra banda, os consellos reguladores da denominación específica Orujo de Galicia, da denominación de orixe protexida Queixo Tetilla e das indicacións xeográficas protexidas Lacón Gallego e Pataca de Galicia foron nomeados no seu día con carácter provisional co obxecto de elabora-lo correspondente regulamento de funcionamento.

Este obxectivo está logrado para estas catro denominacións, que teñen ademais acadado o seu recoñecemento administrativo pleno, coa excepción da indicación xeográfica protexida (IXP) Pataca de Galicia, que está só pendente da inscrición no rexistro comunitario de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

Ademais, estes catro consellos reguladores provisionais, xunto co da Agricultura Ecolóxica de Galicia, desenvolveron nesta primeira etapa de funcionamento un importante labor de promoción e organización dos sectores implicados, de xeito que os productos por eles amparados gozan hoxe dunha reputación e introducción nos mercados nada desprezables.

Polo tanto, logo de audiencia das organizacións profesionais agrarias e asociacións sectoriais, así como dos respectivos consellos reguladores e cámaras agrarias, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Convocatoria.

De acordo co establecido no Decreto 63/2002, do 28 de febreiro, por esta orde convócanse eleccións para a renovación dos consellos reguladores da denominación específica Orujo de Galicia, da denominación de orixe protexida Queixo Tetilla, das indicacións xeográficas protexidas Lacón Gallego e Pataca de Galicia e da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Artigo 2º.-Calendario electoral.

O calendario electoral será o que se recolle como anexo I desta orde.

Os prazos deste calendario están sinalados por días naturais e expirarán ás 14 horas do último día do prazo.

Artigo 3º.-Xunta electoral.

De conformidade co previsto nos artigos 10.2º e 33.1º do Decreto 63/2002, constituirase unha única xunta electoral (XEC) para as eleccións ós cinco consellos reguladores, con sede nos servicios centrais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, en Santiago de Compostela, que estará composta por:

Presidente:

-O director xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria.

Suplente: o subdirector xeral de Promoción e Calidade Agroalimentaria da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria.

Vocais:

-Dous funcionarios dos grupos A ou B da mesma consellería ou dos organismos ou entes dependentes.

Suplentes: dous funcionarios cos mesmos requisitos que os titulares.

-Tres representantes, como máximo, das organizacións profesionais agrarias de ámbito galego.

-Tres representantes, como máximo, das asociacións empresariais dos sectores industriais implicados.

-Tres representantes, como máximo, das cooperativas dos sectores implicados.

Secretario:

-Un funcionario do grupo A, licenciado en dereito, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural ou de organismos ou entes dependentes.

Suplente: un funcionario cos mesmos requisitos que o titular.

Artigo 4º.-Presentación de candidatos para a XEC e designación.

1. No prazo dos dous días naturais seguintes á data de comezo do proceso electoral (día D), as organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais e cooperativas poderán presentar candidatos a vocais da XEC no rexistro da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en Santiago de Compostela.

2. O cuarto día posterior á data de comezo do proceso electoral, procederase á designación dos membros da XEC. Se os candidatos presentados fosen máis do número fixado como máximo no artigo anterior, a Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria efectuará a selección atendendo a criterios de representatividade, implantación no sector e outros análogos.

3. Contra a dita designación poderá interporse recurso no prazo de catro días naturais ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que resolverá no prazo dos tres días naturais seguintes.

Artigo 5º.-Censo electoral.

1. Os censos electorais, que deberán ser elaborados por cada consello regulador para o seu uso no proceso electoral, axustaranse ó modelo que figura no anexo II, e serán os seguintes:

A. Consello Regulador da Denominación Específica Orujo de Galicia.

* Censo A: formado polos inscritos nos rexistros de productores de bagazo e de destiladores do consello regulador.

* Censo B: constituído polos titulares de locais de envellecemento e de instalacións de elaboración e embotellado inscritos nos correspondentes rexistros do consello regulador.

B. Consello Regulador da denominación de orixe protexida Queixo Tetilla.

* Censo A: constituído polos titulares de explotacións gandeiras inscritas no rexistro correspondente do consello regulador.

* Censo B: constituído polos titulares de industrias elaboradoras de queixo inscritas nos rexistros do consello regulador.

C. Consello Regulador da IXP Lacón Gallego.

-Sector productor:

* Censo A: constituído polos titulares de granxas de producción de leitóns e de cebo inscritas nos correspondentes rexistros do consello regulador.

-Sector industrial:

* Censo B: formado polos titulares de matadoiros e/ou salas de despezamento inscritos nos rexistros correspondentes do consello regulador.

* Censo C: constituído polos titulares de industrias de elaboración inscritas no rexistro correspondente do consello regulador.

D. Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia.

* Censo A: configurado cos titulares de parcelas de cultivo inscritas no rexistro de plantacións. Este censo divídese en tres subcensos, un por cada unha das subzonas nas que se divide o territorio da indicación xeográfica, con excepción da subzona Lemos, na que os seus inscritos se incluirán no subcenso da subzona Terra Chá-A Mariña.

* Censo B: formado polos titulares de instalacións de almacenaxe e envasado inscritas nos rexistros do consello regulador. Este censo divídese en tres subcensos, do mesmo xeito que no censo A.

E. Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

-Sector productor.

* Censo A: constituído polos titulares de explotacións agrícolas inscritas no rexistro de empresas agrarias de producción, do subsector vexetal.

* Censo B: conformado cos titulares de explotacións gandeiras inscritas no rexistro de empresas agrarias de producción, do subsector animal.

-Sector industrial, comercial e consumidores.

* Censo C: constituído polos titulares de empresas de elaboración inscritas no correspondente rexistro do consello.

* Censo D: constituído polos titulares de empresas importadoras de terceiros países e empresas comercializadoras inscritas nos rexistros correspondentes do consello regulador.

* Censo E: constituído polas asociacións de consumidores de productos ecolóxicos inscritas nos rexistros do consello regulador.

2. Nos censos descritos no punto 1 anterior figurarán exclusivamente os inscritos con actividade económica dentro da respectiva denominación, coa excepción das asociacións ás que se refire o censo E do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Para estes efectos incluiranse, no caso da IXP Pataca de Galicia exclusivamente os titulares que tiveran actividade nalgunha das tres últimas cam

pañas, e no das restantes denominacións os titulares que tiveran algunha actividade desde o 1 de xaneiro de 2001 ata a data de entrada en vigor desta orde.

Como excepción do previsto nos parágrafos anteriores, poderán figurar no censo os inscritos nos rexistros de productores do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica que, por encontrarse as súas explotacións no período de conversión indicado polo consello regulador, aínda non puidesen ter actividade económica dentro da denominación.

Artigo 6º.-Exposición de censos.

1. A XEC, unha vez recibidos dos consellos reguladores os censos correspondentes, enviaraos ós lugares seguintes para a súa exposición:

-Á sede dos servicios centrais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e ás súas catro delegacións provinciais, así como á das cámaras agrarias provinciais, onde se exporán a totalidade dos censos.

-Á sede de cada consello regulador, onde se exporán os respectivos censos completos.

-Ás oficinas agrarias comarcais de Vilalba e Carballo, onde se exporán os censos de productores da IXP Pataca de Galicia das subzonas da Terra-Chá-A Mariña e Bergantiños, respectivamente.

2. Unha vez expostos nos lugares sinalados durante o período de oito días naturais, segundo o calendario electoral do anexo I, os censos deberán ser devoltos á XEC debidamente dilixenciados con indicación do lugar e días de exposición.

3. Durante o citado período de exposición os interesados poderán formular reclamacións ante a XEC, a cal deberá resolvelas nos seis días naturais seguintes.

4. Contra as ditas resolucións os interesados poderán formular recurso ante a mesma XEC no prazo de seis días naturais, a cal resolverá nos seis días naturais seguintes.

Artigo 7º.-Candidaturas.

1. Durante os quince días naturais seguintes ó da resolución das reclamacións iniciais sobre os censos, poderán presentarse candidaturas ante a XEC, de acordo cos artigos 17 e 18 do Decreto 63/2002.

2. O cuadraxésimo noveno día posterior á data de comezo do proceso electoral, a XEC realizará a proclamación provisional de candidaturas e a súa exposición pública.

3. No prazo de tres días naturais poderán presentarse recursos sobre a proclamación provisional de candidaturas ante a XEC, a cal resolverá no prazo dos cinco días naturais seguintes e procederá á proclamación definitiva dos candidatos.

Artigo 8º.-Vocais para elixir.

1. O número de vocais para elixir por cada censo e subcenso de cada consello regulador é o que figura no anexo III desta orde.

2. A distribución efectúase tendo en conta a paridade entre os sectores productor e elaborador e demais condicionantes contidos nos respectivos regulamentos, e atendendo a criterios de representatividade económica e social, de conformidade co establecido no Decreto 63/2002.

Artigo 9º.-Designación dos membros das mesas electorais.

1. Unha vez realizada a proclamación provisional de candidatos e na mesma reunión, a XEC iniciará o sorteo para a designación dos compoñentes das mesas electorais, tanto titulares como suplentes, procedendo seguidamente á súa notificación ós interesados.

2. Estes disporán dun prazo de sete días naturais para alegar ante a XEC os posibles motivos que consideren que lles impiden acepta-lo cargo.

3. A XEC resolverá sen ulterior recurso sobre as alegacións presentadas, procedendo, de resultar necesario, a realizar novos sorteos para cubri-las vacantes de aqueles a quen se lles aceptaron as escusas.

Artigo 10º.-Credenciais de interventores e apoderados.

De conformidade co establecido nos artigo 23 e 24 do Decreto 63/2002, ata o terceiro día anterior ó da votación, o representante de cada candidatura poderá solicitar ante a XEC as credenciais de nomeamento de interventores e apoderados, utilizando para isto os modelos que figuran nos anexos IV e V respectivamente.

Artigo 11º.-Votación, escrutinio, proclamación de vocais electos e constitución dos plenos.

1. O presidente e os vocais de cada mesa electoral reuniranse ás oito horas do día 1 de decembro de 2002 no correspondente local designado para a votación. Durante a primeira media hora recibirán as credenciais dos interventores que se presenten, cotexándoas coa copia que consta en poder da mesa, dándolle, de se-lo caso, posesión do cargo.

2. Ás oito trinta horas o presidente redactará a acta de constitución da mesa, que asinará xunto cos vocais, ademais dos interventores, se os houbese, comezando ás nove horas a votación, que continuará sen interrupción ata as 20 horas.

3. Rematada a votación, o presidente da mesa declarará cerrada esta e comezará o escrutinio, procedendo a realizarse tódalas operacións sinaladas no artigo 27 do Decreto 63/2002.

4. O día septuaxésimo segundo posterior á data de comezo do proceso electoral, a XEC realizará a proclamación de vocais electos.

5. Contra a dita proclamación os interesados poderán presentar recurso ante a XEC no prazo de cinco días naturais, a cal os resolverá no prazo de catro días naturais e procederá á proclamación definitiva dos vocais electos.

6. Entre os días 16 de decembro de 2002 e 10 de xaneiro de 2003, constituiranse os plenos dos consellos reguladores, nos que tomarán posesión os vocais electos e proporanse os candidatos a presidente e vicepresidente.

Artigo 12º.-Indemnizacións.

1. Os membros da XEC que asistan ás súas reunións terán dereito a percibi-las seguintes indemnizacións:

-Presidente e secretario: 72 euros/día.

-Vocais: 60 euros/día.

2. Así mesmo, o presidente de cada mesa electoral e o funcionario da consellería encargado de prestar auxilio e asesoramento terán dereito a unha indemnización de 90 euros. Pola súa parte, os vocais das mesas electorais terán dereito a unha indemnización de 72 euros.

Disposición adicional

Única.-O lugar de presentación de escritos e recursos que se prevén nesta orde será o rexistro dos

servicios centrais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en Santiago de Compostela, excepto a presentación de reclamacións sobre os censos, que poderá facerse nos lugares sinalados de exposición dos mesmos. Neste caso, o interesado deberá remitir á XEC no mesmo día por fax unha copia da reclamación presentada.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria desta consellería, para dictar cantas instruccións sexan precisas para o mellor desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día 23 de setembro de 2002 (día D).

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Día (*)PrazosFase do proceso electoral

23-9-2002 LuDData do comezo do proceso electoral

25-9-2002 MeD+2Fin do prazo de presentación de candidatos á XEC

27-9-2002 VeD+4Designación dos membros da XEC

1-10-2002 Ma(D+4)+4Fin do prazo de presentación de recursos ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural contra a designación dos membros da XEC.

4-10-2002 Ve(D+8)+3Resolución polo conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural dos recursos presentados contra a designación dos membros das xuntas electorais.

8-10-2002 MaD+15Constitución da xunta electoral

10-10-2002 XoD+17Inicio da exposición dos censos provisionais e do prazo para reclamacións sobre estes

17-10-2002 Xo(D+17)+7Último día de prazo para a presentación de reclamacións sobre os censos perante a XEC

23-10-2002 Me(D+24)+6Resolución das reclamacións sobre os censos pola XEC.

24-10-2002 XoD+31Inicio do prazo de presentación de candidaturas

29-10-2002 Ma(D+30)+6Fin do prazo de presentación de recursos sobre os censos ante a XEC

4-11-2002 Lu(D+36)+6Resolución dos recursos sobre os censos pola XEC

7-11-2002 XoD+45Exposición dos censos definitivos

7-11-2002 Xo(D+31)+14Fin do prazo de presentación de candidaturas antes a XEC

11-11-2002 LuD+49Proclamación provisional de candidaturas pola XEC e exposición pública. Primeiro sorteo para a designación dos membros das mesas

14-11-2002 Xo(D+49)+3Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de candidatos ante a XEC

19-11-2002 Ma(D+52)+5Resolución dos recursos anteriores pola XEC e proclamación definitiva dos candidatos

20-11-2002 MeD+58Comezo da campaña electoral

29-11-2002 VeD+67Fin da campaña electoral

1-12-2002 DoD+69Constitución das mesas electorais e votación

4-12-2002 MeD+72Proclamación de vocais electos pola XEC

9-12-2002 Lu(D+72)+5Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de vocais electos, ante a XEC

13-12-2002 Ve(D+77)+4Resolución dos recursos anteriores pola XEC e proclamación definitiva de vocais electos

16-12-2002

ó 10-1-2003

Lu ó VeD+84

D+109

Toma de posesión dos vocais electos. Pleno constitutivo e proposta de candidatos para presidente e vicepresidente

(*) Nas fases que comprenden varios días, refírese ó último día do prazo, rematando este ás 14 h dese día.

ANEXO II

Modelo de impreso para presentación dos censos

Consello Regulador Eleccións 2002

Censo Folla nº

Subcenso

Concello de

NúmeroApelidos e nome ou razón socialDNI/CIFEnderezoSección electoralObservacións

Rúa ou lugarParroquiaConcello

Na última folla farase a seguinte:

Dilixencia: para facer constar que este censo provisional de titulares de ..........................................................., composto por ......................... follas numeradas, cun total de ............... censados, estivo exposto ó público nos locais de ........................................................................................................................................, para escoitar reclamacións durante os días ........... a ...................., ámbolos dous inclusive.

..., ... de ... de 2002.

O/A secretario/a da xunta electoral

Conforme

O/A presidente/a

ANEXO III

Composición do consello regulador

Número de vocais

Sector productor

Productores de bagazo e destiladores

Sector industrial

Titulares de locais de envellecemento e de embotellado

Denominación específica Orujo de Galicia77

Sector productor

Censo A

Gandeiros

Sector industrial

Censo B

Elaboradores de queixo

Denominación de orixe protexida Queixo Tetilla44

Sector productorSector industrial

Censo A

Titulares de granxas

Censo B

Titulares de matadoiros e/ou salas de despezamento

Censo C

Titulares de industrias de elaboración

Indicación xeográfica protexida Lacón Gallego422

Sector productor

Censo A

Titulares de parcelas

de cultivo

Sector industrial

Censo B

Titulares de instalacións de almacenaxe e envasado

Indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia66

Subzona de Bergantiños11

Subzona Terra Chá-A Mariña22

A Limia33

Lemos (*)------

(*) Os inscritos da subzona de Lemos votarán xunto cos da subzona Terra Chá-A Mariña

Sector productorSector industrial, comercial

e consumidores

Censo A

Titulares

de explot.

agrícolas

Censo B

Titulares

de explot.

gandeiras

Censo C

Titulares de empresas de elaboración

Censo D

Titulares de empresas de

comercializ.

Censo E

Asociacións de consumidores

Agricultura Ecolóxica22211