Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de setembro de 2002 pola que se autoriza a posta en funcionamento da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro (Lugo).

Coa finalidade de satisface-la crecente necesidade social de coñece-los idiomas europeos e as linguas cooficiais do Estado español, créase polo Decreto 105/2001, do 3 de maio (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio), a Escola Oficial de Idiomas de Viveiro (Lugo).

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 23 de xullo) e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro (Lugo) segundo os datos do anexo desta orde.

Segundo.-A partir do curso escolar 2002-2003, impartiranse as ensinanzas correspondentes ós idiomas alemán, francés, inglés e italiano.

Terceiro.-Autoriza-la Dirección Xeral de Persoal e a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Viveiro.

Localidade: Viveiro.

Denominación: Escola Oficial de Idiomas de Viveiro.

Código do centro: 27020628.

Idiomas: alemán, francés, inglés e italiano.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL