Mediante escrito de data 1 de xullo de 2002 Mª del Carmen González Raposo manifesta a súa vontade de doarlle ó Servicio Galego de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia a cantidade de 600 euros con destino ó Hospital Psiquiátrico de Conxo.
Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.
En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de setembro de dous mil dous,
DISPOÑO:
Artigo único.-Acéptase a doazón da cantidade de 600 euros ofrecida por Mª del Carmen González Raposo mediante escrito de data 1 de xullo de 2002.
A devandita cantidade acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Atónoma e destinarase ó Hospital Psiquiátrico de Compostela, dependente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, para adquisición de material de uso e desfrute das unidades de adaptación ou do centro de día, de acordo coa vontade do doante.
Disposición final
O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.
Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil dous.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio
Galego de Saúde