Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 281/2002.

Non sendo atopado nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, infórmoo que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoo de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 281/2002.

Acta nº: 1707/2001.

Titular: Galicia Limpiezas y Conserjes, S.L.

NIF: B15680549.

Enderezo: Salgado Somoza, 8. A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data da resolución: 21-6-2002.

Sanción: 1.652,79 euros.

Feitos: visitada a obra de construcción sita na estrada nacional VI (Cortiñán), comprobouse que carece de vestiarios, armarios e servicios hixiénicos. Carece, así mesmo, de proteccións colectivas contra o risco de caída de altura e a escaleira de acceso á segunda planta carece de zapatas antiesvarantes de goma. Tampouco estaban dotados os traballadores de proteccións persoais contra o risco de caída.

Vulnéranse os artigos 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigos 4 e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novem

bro; e artigos 1, 2, 10 e 11 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, así como os números 15 e 2 a) da parte A, e punto 11 c) da parte C do anexo IV do mesmo real decreto.

Tipificación: dúas faltas, unha leve e outra grave, ámbalas dúas en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos artigos 11.4º e 12.16º f) e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 9 de agosto de 2002.

P.S. (Decreto 147/2002, do 11 de abril)

Ana Lado Eiríz

Secretaria provincial da Coruña