Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador (Secretaría 139/2002 PLA).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador: Secretaría 139/2002 PLA.

Denunciado: Proyesabe, S.L.

Último enderezo coñecido: Francisco Mariño, nº 3-1º, A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: tres mil cinco euros con seis céntimos.

A Coruña, 5 de agosto de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS