En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da proposta de resolución do expediente sancionador nº 86/2001, incoado por infracción ó D. 239/1986, do 24 de xullo, que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade de Ourense (avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
1. Expediente sancionador nº 86/2001.
Denunciado: Nilo López Conde.
DNI: 34954511.
Último enderezo coñecido: rúa Sampaio, nº 18-3º, Ourense.
Ourense, 23 de agosto de 2002.
José F. Troncoso Casares
Delegado provincial de Ourense