Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ANUNCIO do 29 de xullo de 2002 polo que se publica extracto de resolución de concesión de subvencións.

De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á publicación dun extracto das resolucións de subvencións concedidas ó abeiro das ordes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para o ano 2002, en materia de turismo:

Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 5 de abril de 2002 (DOG nº 72, do 15 de abril), pola que se anuncian subvencións para a creación, remodelación e recuperación de balnearios e centros de talasoterapia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiario: Balneario do Tremo, S.L.

Crédito orzamentario: 10.05.751A.770.0.

Cantidade concedida: 779.586 euros.

Finalidade da axuda ou subvención: creación dun hotel-balneario.

Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 5 de abril de 2002 (DOG nº 72, do 15 de abril), pola que se anuncian subvencións para a creación, remodelación e recuperación de balnearios e centros de talasoterapia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiario: Balneario de Mondariz, S.L.

Crédito orzamentario: 10.05.751A.770.0.

Cantidade concedida: 1.259.420 euros.

Finalidade da axuda ou subvención: ampliación do balneario de Mondariz.

Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 5 de abril de 2002 (DOG nº 72, do 15 de abril), pola que se anuncian subvencións para a creación, remodelación e recuperación de balnearios e centros de talasoterapia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiario: Gran Balneario de Augas Minero Medicinais de Guitiriz, S.A.

Crédito orzamentario: 10.05.751A.770.0.

Cantidade concedida: 1.022.812 euros.

Finalidade da axuda ou subvención: ampliación do Balneario de Guitiriz.

Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 5 de abril de 2002 (DOG nº 72, do 15 de abril), pola que se anuncian subvencións para a creación, remodelación e recuperación de balnearios e centros de talasoterapia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiario: Balneario de Pontecaldelas, S.L.

Crédito orzamentario: 10.05.751A.770.0.

Cantidade concedida: 1.100.065 euros.

Finalidade da axuda ou subvención: recuperación do balneario de Ponte Caldelas.

Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 5 de abril de 2002 (DOG nº 71, do 12 de abril), pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da infraestructura hoteleira.

Beneficiario: comunidade de propietarios do edificio Eurotel.

Crédito orzamentario: 10.05.751A.772.0.

Cantidade concedida: 450.167,43 euros.

Finalidade da axuda ou subvención: obras de reforma no hotel Ciudad de La Coruña.

Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 5 de abril de 2002 (DOG nº 71, do 12 de abril), pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da infraestructura hoteleira

Beneficiario: convento San Francisco.

Crédito orzamentario: 10.05.751A.772.0.

Cantidade concedida: 358.849,66 euros.

Finalidade da axuda ou subvención: conversión en hotel de catro estrelas.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo