Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das notificacións dos expedientes de sanción por infraccións na orde social.

Notifícaselles, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non se poder notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral). O seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposicións infrinxidas cítanse a seguir:

Empresa: Const. Remesar, S.L.

Enderezo: Lugar da Agra, s/n, Sarria.

NIF: B-35657188.

Nº Exp.: 81/2002.

Contía: 1.502,54.

Disp. infrinxida: art. 14.2), 15 e 16 L 31/1995.

Empresa: Const. Sarriana, S.L.

Enderezo: Calvo Sotelo, 91-93, Sarria.

NIF: B-27214691

N. Exp.: 80/2002.

Contía: 1.502,54.

Disp. infrinxida: art. 193 ord. construc.

Contra esta resolución poderán interpor os interesados recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberán aboa-la multa imposta a través da Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos pre

vistos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 12 de agosto de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo