Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.800

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.).

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.) (código de convenio 8200222), que se subscribiu con data do 28 de xuño de 2002, entre os representantes da empresa e dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Capítulo I

Ámbito, vixencia, duración e dereito supletorio

Artigo 1º.-Ámbito (persoal, funcional, territorial).

O presente convenio colectivo regulará a totalidade das relacións sociolaborais establecidas entre Begano, S.A. e os seus traballadores, entendéndose como tales a totalidade dos empregados que a empresa ten distribuídos nos seus distintos centros de traballo en toda a Comunidade Autónoma de Galicia e que poidan estar actualmente traballando ou que se incorporen durante a vixencia do convenio.

Artigo 2º.-Vixencia.

Páctase un período de duración para este convenio colectivo de 3 anos, contados desde o 1 de xaneiro de 2002 o 31 de decembro de 2004.

O presente convenio entrará en vigor desde a data apuntada no parágrafo anterior sen prexuízo da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º.-Denuncia, prórroga e dereito transitorio.

As disposicións establecidas no presente convenio prorrogaranse na súa totalidade e por períodos anuais, tal e como prescribe o ET, se non se producise con polo menos dous meses de anterioridade á data sinalada como día final de vixencia del, á denuncia da súa extinción formulada por parte da representación sindical ou da dirección da empresa.

No período transitorio, cando o convenio fose denunciado dentro de prazo e entrementres non se ratifique un novo acordo que o substitúa seguirase o establecido no ET, perdendo só vigor as cláusulas obrigacionais.

Artigo 4º.-Dereito supletorio.

Será de aplicación en defecto das disposicións establecidas neste convenio o prescrito no acordo marco para a industria de bebidas refrescantes, publicado en BOE nº 270, do 11 de novembro de 1999 ou o instrumento que o substitúa, sen prexuízo da debida aplicación do Estatuto dos traballadores como dereito mínimo.

Capítulo II

Interpretación do convenio e resolución de conflictos

Artigo 5º.-Interpretación e seguimento do convenio.

Establécese como órgano para a interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio unha comisión de tipo paritario, participada por membros da dirección da empresa e da representación sindical e que terá as seguintes funcións:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados da aplicación deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós organismos públicos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

5. Calquera outra que as partes especialmente e de mutuo acordo pacten.

A comisión comporase de oito vocais, catro por cada parte de entre as que actuaron na mesa negociadora do convenio. Das súas sesións levantarase acta na cal se consignarán os acordos e resolucións que se adopten e que deberá ser asinada polos interventores. Poderá nomearse de común acordo un asesor ou experto por cada representación, aínda que só terán voz pero non dereito a voto.

A comisión será convocada por calquera das partes, abondando para iso unha comunicación escrita na que se expresarán os puntos que se van tratar na orde do día, así como unha proposta de data, lugar e hora para a celebración da reunión, á que deberá contesta-la outra parte nun prazo non superior a tres días. Sempre que as circunstancias o permitan, deberá celebrarse a reunión nun prazo non superior a quince días contados desde o acordo de celebración dela.

Entenderase validamente constituída a comisión cando asista á convocatoria dela a maioría simple dos membros de cada representación.

Para a válida adopción de acordos requirarase, igualmente, o voto favorable da maioría simple de cada unha das dúas representacións.

Artigo 6º.-AGA.

Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de resolución de conflictos de traballo.

Ante a importancia que poida supoñer para a resolución dos conflictos laborais a elaboración do AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio acordan someterse durante a súa vixencia, ás disposicións contidas no AGA, nos propios termos en que están formuladas (Diario Oficial de Galicia do 4 de maio de 1995).

Capítulo III

Política de emprego e ingreso no traballo

Artigo 7º.-Política de emprego.

Begano, S.A. manterá durante a vixencia do convenio a súa política de creación e mantemento de emprego estable para o cal a dirección de acordo coa representación sindical se compromete a crear como mínimo 22 postos de traballo fixos 10 durante o primeiro ano de vixencia, 7 durante o segundo e 5 durante o terceiro.

Da creación de emprego informarase puntualmente á representación sindical e farase pública tal situación nos taboleiros de anuncios dos centros de traballo da empresa.

Artigo 8º.-Ingreso e cesamento no traballo.

Todo traballador poderá esixir ó inicio da súa relación laboral o seu contrato de traballo por escrito, debendo a empresa informar tamén por escrito á representación sindical da realización e modalidade do dito contrato.

Ó finaliza-la relación laboral o interesado poderá esixir que se expida o oportuno certificado de traballo e acreditación, se é o caso, da formación impartida durante a vixencia do seu contrato.

Capítulo IV

Organización do trabajo

Artigo 9º.-Organización do traballo.

A facultade de organiza-lo traballo é competencia e responsabilidade exclusiva da dirección da empresa.

Sen prexuízo diso a representación legal dos traballadores, a través dos comités poderá informa-la dirección de calquera suxestión razoada que reforce as relacións e formulacións socioeconómicas da empresa en todo canto se refira a calquera modificación, automatización, reconversión e moderación, así como a reestructuración de seccións e variación de postos de traballo, por melloras de métodos e en xeral canto poida conducir a un mellor proceso técnico da empresa.

A dirección comprométese a informar trimestralmente á representación legal dos traballadores dos temas xerais e da organización dela.

Capítulo V

Clasificacion profesional

Artigo 10º.-Clasificación profesional.

a) Sen prexuízo das categorías profesionais propias de Begano, S.A., a clasificación profesional e as funcións de cada posto de traballo estarán de acordo, na medida do posible, coas que se especifican no acordo marco para as industrias de bebidas refrescantes aplicable.

b) Independentemente desta regulamentación, a dirección de Begano poderá redactar organigramas de niveis e funcións para os postos II, III e IV (xefes de departamento, xefes de sección e xefes de grupo).

c) Unha vez ó ano e cando a representación legal dos traballadores o considere conveniente, poderá pedir á dirección a exposición en cada centro de traballo do cadro de persoal correspondente, sinalando nomes, apelidos, data de ingreso e clasificación por categorías profesionais.

Artigo 11º.-Traballos de superior categoría.

O traballador que realice funcións de categoría superior á que corresponda a categoría profesional que tivese recoñecida por un período superior a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos, pode reclamar ante a dirección a clasificación profesional adecuada.

Cando se desempeñen funcións de categoría superior, pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Antes de cubrir prazas de superior categoría que non estean comprendidas nas que son de libre designación da empresa a dirección informará diso á representación legal dos traballadores, co obxecto de recibi-lo seu informe, que non será vinculante, sobre os empregados que poden ser suxeito do dito ascenso.

Para os efectos anteriormente expostos considérase persoal de libre designación, o comprendido nos niveis I, II e III (director, xefes de departamento e xefes de sección).

Capítulo VI

Réxime económico

Artigo 12º.-Estructura do salario.

Os conceptos salariais que poden incluírse nas nóminas dos empregados de Begano, S.A. son os seguintes:

1. Salario base.

2. Pagas extraordinarias.

3. Complementos.

a) Antigüidade ou complemento de permanencia.

b) Por traballos tóxicos, penosos, perigosos e nocturnos.

c) Pola calidade e cantidade do traballo: complemento traballo por obra feita/comisións, incentivos e complemento convenio.

d) Horas extraordinarias.

e) De carácter extrasalarial: complemento de transporte.

Artigo 13º.-Salario.

Establécese como anexo II unha táboa salarial básica para o ano 2002. Esta táboa foi confeccionada incrementando un 3,7% a táboa ata entón vixente. Este incremento desagrégase en dúas partidas, o IPC previsto polo Goberno para o ano 2002 (2%) + e a porcentaxe de incremento pactada para ese ano que é 1,7%.

No segundo ano de vixencia do convenio, é dicir, desde o 1-1-2003 ó 31-12-2003, procederase a un incremento do IPC previsto para ese ano máis un 1%.

Para o terceiro ano de vixencia do convenio, é dicir, desde o 1-1-2004 ó 31-12-2004, procederase a un incremento do IPC previsto para ese ano máis un 1%.

Se durante algún dos anos de vixencia do convenio o índice de prezos ó consumo (IPC nacional) determinado polo organismo oficial competente rexistrase un incremento superior ó oficialmente previsto para ese ano efectuarase a oportuna revisión salarial e actualización das táboas pola diferencia con efectos ó un de xaneiro.

Artigo 14º.-Antigüidade e complemento de permanencia.

Establécese para o persoal fixo de cadro de persoal que adquirise esta condición con anterioridade ó 1-1-2001 un complemento de antigüidade consistente en dous bienios do 5% e sete trienios do 6% sobre o salario base de cualificación. Este persoal continúa, por tanto, devengando a antigüidade de acordo ó sistema polo que xa o vén facendo.

Os empregados que adquirisen ou adquiran a condición de fixo a partir do 1-1-2001 non devengarán o complemento de antigüidade establecido no parágrafo anterior, e no seu lugar percibirán un novo complemento ad persoam denominado complemento de permanencia, de acordo ás cantidades por paga que se indican na táboa anexa II e que serán revisables en función dos incrementos salariais que se establezan para cada ano.

As percepcións dos complementos establecidos nos parágrafos anteriores serán incompatibles entre si.

Artigo 15º.-Horas extras.

A representación sindical e a da dirección da empresa comprométense a reducir ata un mínimo indispensable o número de horas extraordinarias e neste sentido acórdase:

1. Suprimi-las horas extraordinarias habituais.

2. Realizar, informando ó comité de empresa ou ós delegados de persoal, horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de evita-lo risco de perda de materias primas.

3. Da mesma maneira e sempre que non poidan ser substituídas polos tipos de contratos temporais previstos na lei vixente en cada momento realizaranse horas extraordinarias cando así o esixan os períodos punta de producción, cando existan ausencias de persoal imprevistas, cando tal necesidade a impoña cambios de quendas, cando así o requira o mantemento da maquinaria ou por último cando o esixa a especial natureza do traballo de que se trate.

Co obxectivo de estimula-la creación de emprego estable a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do Estatuto dos traballadores. O incumprimento deste artigo será considerado falta grave para efectos do disposto no artigo 57 do estatuto.

A dirección da empresa informará trimestralmente ó comité de empresa e delegados de persoal, sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións e tarefas.

O persoal que realice horas extraordinarias poderá optar entre:

a) Percibi-lo seu valor en metálico.

b) Efectuar un descanso equivalente a hora e media por cada hora extrordinaria traballada ou unha hora tres cuartos no caso de ser festivo.

As mencionadas horas de descanso serán acumulables por xornadas completas e tomaranse, en períodos de baixa actividade dentro dos catro meses seguintes á súa realización, de acordo ós criterios organizativos e productivos fixados pola dirección.

Artigo 16º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán tres pagas extraordinarias que se denominarán: participación en beneficios, verán e Nadal. Estas pagas percibiranse na primeira quincena de maio, primeira quincena de xullo e primeira quincena de decembro respectivamente. A súa contía será de trinta días de salario máis antigüidade e complemento de convenio.

Artigo 17º.-Complementos.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán dos seguintes complementos:

1. Complemento de convenio, o importe do cal para cada categoría vén recollido na táboa salarial (anexo I).

2. Un complemento de transporte co fin de compensa-los gastos de traslado ó traballo, na contía que figura na táboa salarial (anexo I), descontándose por cada día que se falte ó traballo a cantidade resultante de dividir por 25 o importe do referido complemento, segundo a categoría correspondente, calquera que sexa a causa, excepto nas vacacións, maternidade, e supostos de incapacidade temporal.

Artigo 18º.-Incentivo, complemento por obra feita/comisións.

De acordo coas características funcionais de cada uno dos departamentos da empresa, establécense unhas achegas económicas que sirvan para recoñecer e estimula-la mellor realización do traballo en prol da productividade da fabricación, caixas vendidas e consecución de obxectivos.

No departamento técnico establécese un incentivo mensual segundo bases establecidas.

No departamento comercial as vendas diarias procuran unhas comisións que se distribúen de acordo coa categoría, funcións e servicios que realizan os traballadores, segundo táboas establecidas.

Os incentivos de almacén e administración estarán de acordo cos obxectivos que se indiquen periodicamente.

Tanto as cantidades reguladoras do incentivo do departamento técnico como as asignacións por caixas para as comisións do departamento comercial, modificaranse anualmente tendo como base a evolución media dos prezos de venda. Os incentivos de almacén e administración modificaranse consonte o seu propio parámetro.

Artigo 19º.-Incentivo de asistencia e puntualidade.

O incentivo de asistencia e puntualidade, ten como obxectivo recompensar en termos económicos a todos aqueles traballadores fixos que ó longo do ano puidesen e desexasen supera-los inconvenientes que xorden e condicionan a óptima asistencia ó traballo e a puntualidade a el.

Con este fin establécese unha cantidade anual que, por categoría, equivale a dúas medias pagas, que se aboarán nas nóminas de marzo e setembro res

pectivamente, compoñéndose ambas de soldo base, complemento de convenio, complemento de transporte e:

-Ano 2002: 201 euros con 34 céntimos.

-Ano 2003: 210 euros con 35 céntimos.

-Ano 2004: 228 euros con 38 céntimos.

Para que iso sexa posible e responda exactamente á condición de incentivo, debe de axustarse a unhas normas, as máis lóxicas e suficientemente moderadas, que se estipulan no regulamento recollido no anexo II e que regularán en tódolos casos e de maneira xeral ou desenvolvemento del.

Quedan excluídas destes descontos as faltas ó traballo que se deriven dun accidente no traballo da empresa, hospitalización, maternidade, enfermidade común cando a baixa supere os 45 días, vacacións, 15 días naturais en caso de matrimonio, 5 días en caso de parto de esposa, 3 días en caso de enfermidade grave de parentes directos, 2 días por traslado de domicilio habitual, o tempo necesario para cumprimento de funcións de carácter sindical ou público e 3 días por morte de pais, fillos e irmáns.

De igual maneira e tendo en conta o aspecto retributivo e de axuda deste incentivo, estipúlase como cantidade máxima de desconto o 50% do importe total. Se algún empregado supera esta cifra a dirección comunicaralles ós representantes dos traballadores a situación e evaliaríase a causa ou forza que o motivou e actuaría en consecuencia.

O departamento de persoal, de acordo coas normas establecidas pola dirección, levará o control de asistencia dos empregados da empresa. É especial responsabilidade do traballador respectar escrupulosamente as normas relativas ó fichado no reloxo horario e absterse de calquera manobra que poida entorpece-lo control de cada traballador.

Capítulo VII

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 20º.-Xornada.

Tendo en conta as peculiaridades da empresa e a variación estacional da venda, a xornada de traballo durante a duración do convenio, en cómputo anual, será de 1.772 horas, quedando distribuídas da seguinte maneira:

1. Meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, 1ª quincena de maio, 2ª quincena de setembro, outubro e novembro, 39 horas semanais.

2. 2ª quincena de maio, xuño, 1ª quincena de setembro e decembro, 40 horas semanais.

3. Meses de xullo e agosto, 44 horas semanais.

Se por disposición legal se reducise a duración máxima da xornada ordinaria de traballo ámbalas partes confeccionarán a xornada para a súa adaptación á nova que se implante.

A empresa durante os meses de xullo e agosto (períodos punta de actividade) estará facultada para

traballa-los sábados co persoal que precise, na forma e sistema como ata a data vén realizándose, respectándose por tanto o máximo de 24 horas de traballo por persoa (3 sábados), coa validación das ditas horas en período de poca actividade e de acordo coas necesidades da empresa.

De igual maneira a dirección da empresa e os representantes dos traballadores poderán pactar modalidades de compensación por horas realizadas en períodos punta de actividade, así como nas condicións que libremente pacten, o incremento do número de sábados laborais.

Artigo 21º.-Traballo a tarefa.

Dadas as especiais circunstancias laborais en que se efectúa o traballo habitual do persoal comercial e moi especificamente o de distribución, a xornada de traballo desenvolverase de acordo coa tarefa indicada. Esta estará programada respectando teoricamente as indicacións que expresa o artigo 34 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Xornada continua.

Para todo o persoal, a excepción do anteriormente citado, comercial e distribución, a xornada de traballo será de 8 horas diarias.

Establécese un descanso de 1/2 hora como pausa do bocadillo. Este tempo será considerado como de traballo efectivo para tódolos efectos, e poderase desfrutar ó longo da xornada ou ben antes da súa finalización, neste caso daríase por concluída esta con œ hora de antelación.

Artigo 23º.-Vacacións.

Establécense vintetrés días laborables de vacacións para o persoal fixo. Para o eventual ou de campaña seguirase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Co fin de que tódalas persoas teñan opción a desfrutar en períodos determinados as vacacións en épocas estivais, facúltase ós xefes de departamento a que establezan rotación do seu persoal tendo como límite unha persoa por grupo, nos meses de xullo e agosto e de dúas persoas por grupo e mes no resto do ano.

Establécese unha bolsa extraordinaria de vacacións de salario base, máis antigüidade e complemento de convenio, para o persoal fixo, de acordo co seguinte calendario:

-Novembro e febreiro: 28 días.

-Xaneiro, marzo, abril, maio, outubro e decembro: 23 días.

-Xuño, xullo, agosto e setembro: 18 días.

Cando as vacacións coincidan en dous períodos diferentes, a bolsa repartirase proporcionalmente ós días que corresponda cada un deles.

Artigo 24º.-Licencias.

Os traballadores afectados polo presente convenio logo de aviso e xustificación poderán ausentarse do

traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Cinco días naturais en caso de parto de esposa.

c) Tres días laborables en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, será de catro días.

d) Dous días por traslado do domicilio habitual.

e) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical ou público sempre que medie a oportuna e previa convocatoria e subseguinte xustificación da utilización do período convocado e non exceda de cinco días alternos e dous consecutivos no transcurso do mesmo mes.

Artigo 25º.-Excedencias.

Os traballadores fixos de cadro de persoal que leven un ano ó servicio da empresa teñen o dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non inferior a seis meses nin maior a cinco anos. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador excedente conservará só un dereito preferente ó reingreso das vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa, agás que a excedencia fose por un prazo de seis meses, caso en que se producirá o reingreso automático ó finaliza-la excedencia.

O traballador estará obrigado a solicita-lo seu reingreso na empresa trinta días antes de finaliza-la súa excedencia.

A excedencia forzosa que dará dereito á conservación do posto de traballo e á antigüidade, concederase pola designación ou elección para un cargo público que lle imposibilite asistir ó traballo. O mesmo tratamento se lle dará ó traballador excedente que teña cargo provincial ou similar, a nivel de secretario do sindicato respectivo.

Artigo 26º.-Xustificantes.

Todos aqueles traballadores que se ausenten do traballo, calquera que sexa a súa causa, deberán presentar un xustificante.

Capítulo VIII

Outras disposicións

Artigo 27º.-Incapacidade temporal.

Nos casos de incapacidade temporal, as prestacións económicas tanto nos supostos de hospitalización e accidente laboral, como de enfermidade común ou accidente non laboral serán de ata o 100 por 100 dos conceptos salariais fixos desde o primeiro día.

Artigo 28º.-Póliza de seguros.

A empresa subscribirá unha póliza de vida por un importe de 3.000.000 de pesetas para o persoal fixo, e outra de morte por accidente ou invalidez total ou absoluta, para tódolos traballadores fixos e eventuais por unha cantidade de 4.000.000 de pesetas.

Artigo 29º.-Axuda escolar e por fillo discapacitado.

Establécese unha axuda escolar logo de xustificación documental do centro de 132 euros con 22 céntimos por fillo nas etapas de educación infantil e primaria. Esta cantidade será aboada durante o primeiro trimestre do curso escolar.

De igual maneira, establécese unha axuda do 100% da matrícula, 90% dos libros e 60% dos colexios, para os fillos dos empregados fixos que cursen estudios de educación secundaria obrigatoria (ESO), BUP, COU e FP1 e FP2.

Establécese unha axuda especial para pais de fillos con algunha minusvalidez psíquica ou física, de acordo coa cualificación da Seguridade Social, consistente en 90 euros con 15 céntimos mensuais por cada fillo en tales condicións.

Para percibir estas axudas será necesario te-la condición de fixo na empresa e como mínimo unha antigüidade dun ano.

Artigo 30º.-Outras axudas.

a) Por contraer matrimonio: 180 euros con 30 céntimos.

b) Por nacemento de fillos: 120 euros con 20 céntimos

c) Para pagamento de sepelio: 1502, euros con 53 céntimos que percibirán os seus herdeiros legais.

Para percibir estas gratificacións será necesario como mínimo un ano de antigüidade na empresa, agás no punto c) que será desde o primeiro día.

Artigo 31º.-Premio especial por anos de servicio.

Concédese un premio especial por servicios ininterrompidos á empresa a todo o persoal fixo de Begano, S.A., nas contías seguintes:

AntigüidadePremio

Ós 5 anos108,18 euros (18.000 pesetas)

Ós 10 anos150,25 euros (25.000 pesetas)

Ós 15 anos192,32 euros (32.000 pesetas)

Ós 20 anos234,39 euros (39.000 pesetas)

Ós 25 anos300,51 euros (50.000 pesetas)

Ós 30 anos420,71 euros (70.000 pesetas)

Ós 35 anos811,37 euros (135.000 pesetas)

Ós 38 anos931,57 euros (155.000 pesetas)

Ós 40 anos1.232,07 euros (205.000 pesetas)

Este premio cobrarase no mes en que se cumpran os anos de servicio.

Artigo 32º.-Préstamos.

Concederanse préstamos sen xuro para o persoal fixo da empresa, segundo un fondo circulante esta

blecido para o efecto por importe de 120.202,42 euros (20.000.000 de pesetas), consonte as seguintes condicións:

1. Adquisición de primeira vivenda, ata 2.020 euros con 24 céntimos.

2. Atencións diversas, ata 4.808 euros con 10 céntimos.

A amortización deles realizarase mediante deduccións en todas e cada unha das pagas ordinarias e extraordinarias seguintes á concesión do préstamo na forma seguinte:

a) Adquisición primeira vivenda: prazo máximo amortización 50 mensualidades (15 por ano).

b) Atencións diversas: prazo máximo amortización 36 mensualidades.

O traballador poderá voluntariamente anticipa-la amortización do préstamo. Á hora da súa concesión, terase en conta o informe da comisión constituída para resolve-las peticións, composta por dous representantes da dirección e un representante dos traballadores, que analizarán as necesidades do peticionario, circunstancias da súa solicitude ou teren préstamos con anterioridade.

En caso de despedimento ou baixa voluntaria, o prestameiro estará obrigado a reembolsa-lo préstamo nun prazo máximo de 15 días a partir da data do seu cesamento na empresa, podendo ésta descontar da liquidación a cantidade que se debe.

En caso de falecemento con préstamo sen cancelar, o cónxuxe viúvo ou orfos maiores de 18 anos, continuarán amortizando o préstamo nas condicións que se fixasen.

Artigo 34º.-Axudas de custo.

Cando os traballadores teñan que pernoitar fóra da súa localidade, ademais do correspondente salario, percibirán 36 euros con 6 céntimos diarios en concepto de axuda de custos.

A axuda de comida para o ano 2002 queda establecida en 9 euros con 2 céntimos.

A axuda de comida especial, para aqueles empregados que efectúen traballos fóra das súas rutas habituais, queda establecida en 11 euros con 42 céntimos.

Artigo 35º.-Roupa de traballo.

a) Para o persoal de fábrica e delegacións facilitarase un equipo de verán e outro de inverno, o calzado regulamentario determinado polas normas de seguridade, así como luvas de seguridade, segundo necesidades.

b) Para todo o persoal que habitualmente utilice uniforme facilitarase un equipo de verán e outro de inverno, así como un equipo de choiva e dous pares de zapatos ó ano, para o seu uso nas campañas de verán e inverno.

Os empregados son responsables do coidado, correcto uso e conservación dos equipos de traballo, incluídos, se é o caso, os equipos de protección.

Artigo 36º.-Seguridade e saúde.

Os traballadores e a dirección de Begano, S.A. recoñecen a grande importancia e atención preferente que ten a seguridade e a saúde no traballo, recordando que debe ter primacía na actuación cotiá para a protección do traballador contra os riscos que se poidan derivar do traballo e ó fomento no espírito de seguridade.

É responsabilidade, tanto da empresa como dos seus traballadores, debendo adopta-las medidas necesarias para que calquera novo procedemento tecnolóxico non supoña incremento do risco.

En cantas materias afectan a seguridade e a saúde no traballo, serán de aplicación as disposicións contidas nos títulos vixentes da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo, Lei de prevención de riscos laborais de 1995, Estatuto dos traballadores e convenios da organización internacional do traballo (OIT), ratificados por España e incorporados ó dereito positivo español.

Será competencia do comité de seguridade e saúde, a vixilancia e control das condicións de seguridade e saúde, así como a tramitación ou proposta de notificacións das condicións de traballo e a tramitación de expedientes.

Naqueles centros onde non exista comité de seguridade e saúde, será competencia do comité de empresa ou delegados de persoal, a vixilancia e control das condicións de seguridade e saúde no traballo.

A dirección de Begano, S.A. publicará durante a vixencia deste convenio nos taboleiros de anuncios habilitados nos centros de traballo as normas de obrigado cumprimiento nesta materia así como as responsabilidades e sancións derivadas do seu incumprimento.

Capítulo IX

Representación dos traballadores

Artigo 37º.-Comité de empresa.

Terá como competencias:

a) Dereito á negociación colectiva.

b) Recibir información que lle será facilitada trimestralmente, polo menos sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertenza a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable de emprego da empresa.

c) Emitir con antelación suficiente informe sobre os plans de formación profesional da empresa, proceso de fusión-absorción e modificación do status xurídico da empresa, en canto supoña incidencia que afecte ó volume de emprego.

d) Emitir informe con carácter previo:

1. Restructuración de cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquela.

2. Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

3. Implantación ou revisión de sistemas de organización e control de traballo.

4. Estudio de tempos, establecementos de sistemas de incentivos e valoración dos postos de traballo.

5. Coñece-los modelos de contrato escritos, que se utilicen nas empresas, así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.

6. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves, en especial en supostos de despedimentos.

7. Dereito a ser oído con carácter previo a toda decisión de sancións graves ou despedimentos.

8. Ser informado no referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingreso, cesamentos e ascensos e probas de selección .

e) Exercer un labor:

1. De vixilancia no cumprimiento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións e/ou usos de empresas en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes. Así mesmo, inclúese a capacidade de informar sobre calquera anomalía nos dereitos contractuais do traballador.

2. De vixilancia nas condicións de seguridade e saúde no desenvolvemento do traballo da empresa.

3. De participar como se determina por convenio colectivo na xestión de obras sociais establecidas na empresa ou sector, en beneficio dos traballadores ou das súas familias.

4. De colaborar coa dirección, para consegui-lo establecemento de canto procure o mantemento e o incremento da productividade da empresa, sempre que se pactasen sistemas ou medidas tendentes a conseguila.

f) Recoñeceráselle ó comité de empresa capacidade procesual como órgano colexiado para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

g) Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán o sixilo profesional en todo o referente ós puntos b), c) e d), deste artigo, mesmo despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección e o comité sinalen o seu carácter reservado.

h) Asemblea de traballadores.

1. Dereito a convocar e presidir asembleas sendo responsable do normal desenvolvemento delas.

Terán a obriga de lle comunicar á dirección a convocatoria e os nomes das persoas non pertencentes á empresa que vaian asistir a elas, sendo necesario o consentimento previo da empresa, sempre e cando se celebren nos seus locais, o acceso a ela de persoas alleas.

Cando por traballarse en quendas, por insuficiencia de local, ou por calquera outra circunstancia, non poida reunirse simultaneamente todo o cadro de persoal, as diversas reunións parciais que teñan que celebrarse, considérase como unha soa e datada no día da primeira.

3. O lugar da reunión será o centro de traballo, se as condicións del o permiten. Terá lugar fóra de horas de traballo nos catro meses de campaña; nos oito meses restantes, disporán dunha hora ó mes dentro da xornada.

A dirección non se poderá opoñer á celebración dunha asemblea, cando esta teña como exclusivo obxecto, someter ós traballadores:

a) A declaración ou o termo dunha folga.

b) A aprobación da totalidade do convenio.

c) Se é o caso, a demisión ou elección dos representantes sindicais.

A dirección poderase opoñer:

a) Se transcorrese menos dun mes desde a última reunión celebrada.

b) Si aínda non se resarcise ou afianzase o pagamento polos danos materiais producido por alteracións ocorridas nalgunha anterior asemblea.

4. A convocatoria con exposición da orde do día proposta polos convocantes, comunicaráselle ó empresario con 48 horas de antelación como mínimo, debendo este xustifica-la recepción.

i) Os membros do comité de empresa disporán dun crédito de horas retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 100 traballadores: 15.

-De 101 a 250 traballadores: 20.

As horas serán acumulables entre os diferentes membros do comité de empresa dentro de cada mes.

j) Garantías:

1. Prioridade de permanencia no empresa ou centro de traballo respecto ós demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2. Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, agás que esta se produza por revogación ou demisión, sempre que

o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo por tanto, do establecido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores.

3. No suposto de existir sanción ou despedimento por faltas graves ou moi graves, alleas á súa función como membro do comité de empresa e o delegado do sindicato a que pertenza, no suposto de que se atopase recoñecido como tal na empresa. En todo suposto en que os tribunais declaren a nulidade ou improcedencia do despedimento, será obrigatoria a readmisión do traballador, sen a posibilidade de indemnización substitutoria, salvo acordo das partes.

Artigo 38º.-Delegados sindicais.

A representación dos traballadores nos centros de traballo de Begano, S.A. que teñen menos de cincuenta traballadores corresponde ós delegados de persoal.

De acordo co artigo 62.2º do ET, os delegados de persoal exercerán mancomunadamente ante o empresario a representación para a que foron elixidos e terán as mesmas competencias establecidas para os comités de empresa.

Artigo 39º.-Seccións sindicais.

Cada central ou sindicato poderá designar respectivamente un delegado entre os traballadores da empresa, sempre que o número dos seus afiliados supere o 10% do total do cadro de persoal.

Seranlle recoñecidas as mesmas garantías que as dos representantes elixidos polos traballadores.

Serán funcións das seccións sindicais:

a) Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representen, e dos afiliados del na empresa.

b) Servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección da empresa con talante positivo.

c) Logo de comunicación e aceptación por parte da dirección da empresa poderán:

1. Difundir publicacións e avisos de carácter sindical.

2. Fixar comunicacións e anuncios de carácter sindical ou laboral nos taboleiros de anuncios que para tal efecto existan na empresa.

3. Reunirse nos locais da empresa fóra de horas de traballo.

d) Propoñer candidatos ás eleccións para cubrir postos do comité de empresa.

e) Serán así mesmo informados e oídos pola empresa con carácter previo:

1. Acerca dos despedimentos e sancións que afecten ós afiliados ó sindicato.

2. En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores e sobre todo proxectos ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores.

f) Cota sindical:

Por requirimento dos traballadores afiliados, as centrais sindicais ou sindicatos que ostenten a representación a que se refire este punto, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores, o importe da cota correspondente.

O traballador interesado na realización de tal operación, remitiralle á dirección da empresa, un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertenenza, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou de aforro á que se deba ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, agás indicación en contrario, por períodos dun ano.

Artigo 40º.-Comité intercentros.

1. O comité intercentros é a representación legal máxima de tódolos traballadores da empresa. Como órgano colectivo está por encima dos seus membros e o seu obxectivo é a defensa dos dereitos e intereses dos traballadores en xeral.

2. Estará composto por 9 membros titulares. Na súa constitución gardarase a debida proporcionalidade obtida polos sindicatos, segundo os resultados electorais considerados globalmente no conxunto da empresa. Correspóndelles a estes a designación, tanto dos membros titulares, como dos suplentes, de entre os compoñentes do comité de empresa e delegados de persoal.

3. Estará lexitimado para negociar convenios colectivos na empresa, regulamentos e calquera outro tipo de pactos que afecten ós intereses xerais dos traballadores da empresa.

Este comité reunirase con tódolos representantes dos traballadores e delegados sindicais da empresa, dúas veces ó ano como mínimo, fixándose, de mutuo acordo, o calendario e orde do día das ditas reunións.

ANEXOS

Regulamento do incentivo de asistencia e puntualidade

Faltas de puntualidade.

Enténdense por faltas de puntualidade todos aqueles atrasos que excedan cinco minutos da hora sinalada para entrada e saída do traballo de acordo co calendario e co horario laboral.

-Por tres faltas nun mesmo mes equivale a unha falta sen xustificar.

-Por cinco faltas nun mesmo mes equivale a dúas faltas sen xustificar.

-Cada nova falta de puntualidade a partir de cinco faltas equivale a unha falta sen xustificar.

Se nun trimestre móbil existen seis faltas de puntualidade que non tivesen desconto, equivalerán a unha falta sen xustificar.

Faltas xustificadas.

Enténdense por faltas xustificadas todas aquelas que estean ou veñan avaladas por un xustificante médico ou oficial.

Os permisos do día completo ou saídas en medio da xornada serán ponderadas e clasificadas polo correspondente xefe de sección.

-Cada falta xustificada representa o desconto do 1% do importe total.

Faltas sen xustificar.

Todas aquelas faltas que non entren na categoría de excepción nin no punto anterior terán a natureza de faltas sen xustificar:

-Cada falta sen xustificar ten un desconto do 4%.

ANEXO II

Begano, S.A. Convenio 2002-2005

Actualización a 28-6-2002.

Salarios e complementos

CategoríasSalario diarioSalario mensualComplemento

convenio diario

Complemento

convenio mensual

Complemento

transporte diario

Complemento

transporte mensual

Peón19,05 euros571,50 euros4,71 euros141,30 euros3,59 euros89,75 euros

Axudante21,89 euros656,76 euros4,65 euros139,5 euros3,59 euros89,75 euros

Auxiliar administrativo21,89 euros656,76 euros5,36 euros160,80 euros3,59 euros89,75 euros

Oficial 2ª23,18 euros695,40 euros5,05 euros151,50 euros3,59 euros89,75 euros

Oficial 1ª monitor24,27 euros728,10 euros4,92 euros147,60 euros3,59 euros89,75 euros

Encargado grupo26,76 euros802,80 euros4,40 euros132,00 euros3,59 euros89,75 euros

Encargado sección31,71 euros951,30 euros3,93 euros117,90 euros3,59 euros89,75 euros

Encargado xeral37,19 euros1.115,70 euros3,17 euros 95,10 euros3,59 euros89,75 euros

Complemento permanencia:

CategoríasMensual

Peón19,5 euros

Oficial 2ª26,1 euros

Oficial 1ª32,7 euros

Monitor35,7 euros

A partir de encargado de grupo42,3 euros

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA