Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.809

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de agosto de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral da Presidencia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral da Presidencia por Orde do 25 de marzo de 2002 (DOG nº 70, do 11 de abril), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro nos que cause baixa o funcionario, así como aquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

NRP: 32.799.307.41 A2294.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Gómez Martínez, Gemma.

Posto de traballo: secretario/a.

Nivel: 18.

Código do posto: PR.P01.004.15770.002.

Centro directivo: Secretaría Xeral da Presidencia. Gabinete de Apoio.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP: 36.045.225.68 A1146.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Fernandes Alonso, María Fernanda.

Posto de traballo: secretario/a.

Nivel: 18.

Código do posto: PR.P01.00.003.15770.002.

Centro directivo: Secretaría Xeral da Presidencia. Departamento de Protocolo e Relacións Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.