Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.810

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002, do tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) escala de enxeñeiros técnicos forestais, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 5 de setembro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) escala de enxeñeiros técnicos forestais convocado por Orde do 8 de outubro de 2002, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o exercicio primeiro da fase de oposición se realizará o día 16 de novembro de 2002, no Palacio de Congresos e Exposicións sito en Santiago de Compostela, San Lázaro s/n en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas e os opositores deberán estar alí presentes ás 9 horas.

De conformidade coa base II.2.3 os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios de tipo test.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do tribunal