Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas.

Advertido erro no anexo I do convenio colectivo publicado no DOG número 94, do 16 de maio de 2002, a comisión paritaria para vixilancia, control

e interpretación do convenio acorda, con data do 14 de xuño de 2002, se proceda a corrixi-lo erro detectado, consistente en que as matronas aparecen no grupo 4 bis de clasificación cando deberían aparecer no grupo 4. Así mesmo, no grupo 4 bis, deberían

figurar fisioterapeutas no lugar onde figuran matronas, polo que é necesario face-la seguinte corrección:

Substituír integramente o anexo I, publicado na páxina 7.239 do devandito diario.