Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.773

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se exime a Mancomunidade Intermunicipal Conso-Frieiras da obriga de mante-los postos propios de funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

A Asemblea da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Conso-Frieiras da Provincia de Ourense, en sesión ordinaria do día 30 de abril de 2002, adoptou o acordo de solicita-la exención de mante-lo posto propio de Secretaría-Intervención reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Na súa virtude, a Dirección Xeral de Administración Local, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, co artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 4 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13 bis da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia e a Orde do 29 de maio de 2002 sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Primeiro.-Eximi-la Mancomunidade Intermunicipal Conso-Frieiras de mante-lo posto propio de Secretaría-Intervención, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Segundo.-As funcións reservadas ós postos de Secretaría e Intervención-Tesourería serán exercidas mediante o sistema de acumulación de funcións, con rotación cada dous anos naturais, polos funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional dalgún dos concellos que integran a mancomunidade, segundo o determinado no artigo 18 dos estatutos que rexen a mancomunidade e de conformidade co previsto no artigos 4.3º e 31.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Dirección Xeral de Administración Local, no prazo dun mes contado a partir

do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnala directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo determina o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2002.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA