Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de axencias marítimas.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de axencias marítimas, con nº de código 3600044, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-7-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresas Consignatarias y Estibadoras de Buques de la Provincia de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, en data 8-7-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de agosto de 2002.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para axencias

marítimas da provincia de Pontevedra

I. Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas consignatarias de buques e actividades afíns da provincia de Pontevedra e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Duración e prórrogas.

O presente convenio terá unha duración de dous anos, entrando en vigor, para tódolos efectos, o 1º de xaneiro de 2002, calquera que sexa a data de publicación no BOP, prorrogándose tacitamente por períodos anuais sempre que non sexa denunciado, exceptuándose no relativo á táboa salarial, que será revisada anualmente.

Artigo 3º.-Denuncia.

Calquera das partes, con dous meses de antelación como mínimo, poderá denuncia-lo convenio por escrito, a través dos seus representantes legais ante a autoridade laboral competente.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Para interpretar e vixia-la aplicación do presente convenio créase unha comisión paritaria, segundo establece o artigo 85.2º do Estatuto dos traballadores, a cal estará composta por igual número de membros entre as partes asinantes.

A composición será de dous membros por cada parte.

Poderán asistir ás sesións da comisión paritaria con voz pero sen voto, os asesores que as partes estimen conveniente, cun máximo de dous por cada parte.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas que as que aquí se establecen deberá conservalas.

II. Condicións laborais

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Establécese a xornada laboral partida cos horarios vixentes na actualidade, quedando os sábados libres para tódolos efectos, sen que con iso se restrinxa a xornada de traballo existente.

A xornada será de 40 horas semanais.

A xornada de verán será intensiva, comezando o 1 de xuño e finalizando o 30 de setembro de cada ano.

As empresas, de acordo cos seus empregados, poderán establecer en cada caso os horarios e xornadas máis convenientes para o desenvolvemento da súa actividade.

Non obstante o estipulado nos parágrafos anteriores e dadas as características do tráfico, as empresas poderán, con suxeición a horario fixo, utiliza-lo persoal necesario para atende-las chegadas, despachos e saídas de buques, aeronaves, trens e demais medios de transporte e despacho de aduanas, sinalando o persoal que haxa de prestar servicios os sábados, por rigorosa quenda rotativa, sen compensación económica ou recuperación de horas sempre e cando non se superen as 40 horas semanais.

Para o persoal de peirao a xornada de traballo será de 40 horas semanais, de luns a venres.

A xornada en sábados para o persoal de peirao será de dúas intensivas, unha de 8 a 14 horas, e outra de 14 a 20 horas.

A segunda xornada dos sábados, así como a dos domingos e festivos poderase ampliar coas horas necesarias ata finaliza-la operativa portuaria.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio formarán un todo orgánico e indivisible e para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual.

No suposto previsto no artigo 90.5º do Estatuto dos traballadores, haberá que se ater ó que resolva a xurisdicción competente, de non terse alcanzado previamente un acordo entre as partes.

Artigo 8º.-Vacacións.

Tódolos os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán cada ano de 30 días naturais e retribuídos segundo táboa salarial.

As quendas de vacacións serán rotativas.

As empresas establecerán por cada centro de traballo ou dependencia o cadro de vacacións do persoal afecto a ela, coidando que os servicios queden debidamente atendidos, e procurando acceder ós desexos daquel. As incompatibilidades serán resoltas outorgando preferencias de forma rotativa.

Nas oficinas onde a organización por seccións e a extensión do seu cadro de persoal o permita, farase un cadro por seccións. Este cadro farse sen prexuízo da coordinación que deba establecerse entre todas en orde ó problema xeral da oficina.

As vacacións serán desfrutadas dentro do ano natural correspondente.

A duración das vacacións do persoal que estivese ó servicio da empresa menos dun ano, estará en proporción ó tempo servido e deberán desfrutarse antes do 31 de decembro.

O desfrute de vacacións deberá quedar regularizado no caso de que sexa factible antes do inicio da suspensión do contrato que se presuma que vaia

exceder do ano natural, e en todo caso, antes do 31 de decembro.

Dará dereito a vacacións o tempo servido na empresa, así como os períodos de suspensión de contrato debidos a ILT.

O salario correspondente ó período vacacional será o mesmo que lle correspondería ó traballador estando de servicio no mesmo período.

As empresas que poidan cubrir debidamente os seus servicios darán preferencia ás peticións de vacacións dos seus traballadores, entre os meses de xuño ou setembro, ambos inclusive.

As vacacións non se iniciarán en domingo ou día festivo.

Artigo 9º.-Dereitos sindicais.

Rexerá que dispón e regula a vixente Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 10º.-Permisos retribuídos.

Os traballadores, avisando con antelación e xustificando en debida forma o feito, poderán faltar ou ausentarse do traballo sen perda de retribución, polos seguintes motivos e polo tempo que se expresa:

a) En caso de contraer matrimonio, 20 días.

b) Por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillos, pai ou nai dun ou otro cónxuxe, netos, avós ou irmáns, 3 días. Se precisase desprazarse fóra da provincia, poderá ampliarse a licencia 3 días máis.

c) No suposto de parto da esposa, 2 días, que serán prorrogables ata 5 en caso de gravidade.

d) En caso de matrimonio de parentes ata o segundo grao, coincidindo co da ceremonia, 1 día. Se é fóra da provincia, 1 día máis.

e) Por traslado do seu domicilio habitual, 2 días.

f) O tempo indispensable para o cumprimento de deberes de carácter inescusable, de carácter público e/ou persoal.

No non recollido no presente artigo rexerá o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 11º.-Festividade do sector.

Considerarase, para tódolos efectos, como festivo no sector o día 16 de xullo.

III. Condicións económicas

Artigo 12º.-Retribucións.

Os soldos e salarios correspondentes ás distintas categorías de persoal incrementaranse nun 3% sobre os vixentes en 2002, tal como se reflicte na táboa anexa ó presente convenio. Para o 2003 o incremento será igual ó IPC real do ano anterior.

A dita táboa será a única base de cálculo para o devengo das demais percepcións derivadas do convenio e disposicións aplicables.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Establécense trienios do 5% co tope do 100%, calculándose sobre os salarios aprobados neste convenio.

Artigo 14º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá catro pagas extraordinarias, dunha mensualidade cada unha delas, calculándose con base no salario do convenio máis antigüidade, e faranse efectivas nos meses de marzo, xullo, outubro e decembro de cada ano, debendo ser aboadas pola empresa dentro da primeira quincena.

Artigo 15º.-Complemento de transporte.

Establécese o aboamento mensual para todo o persoal dun complemento de transporte por importe de 44,80 euros, aplicable o 1 de xaneiro.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

Cando as necesidades do servicio o requiran e o traballador teña que permanecer o día completo fóra do domicilio da empresa, corresponderalle percibi-la cantidade de 23,22 euros/día en concepto de manutención.

Así mesmo, cando as necesidades do traballo impliquen ter que realizar fóra ou a comida, ou a cea ou o alomorzo, as cantidades a percibir polo traballador serán as seguintes:

-Comida: 10,84 euros.

-Cea: 9,20 euros.

-Almorzo: 3,10 euros.

En calquera caso, o gasto por aloxamento será a cargo da empresa.

O custo do transporte que se utilice para o desprazamento será en todo caso a cargo da empresa. Aboaranse 0,18 euros/km, cando o desprazamento o realice o traballador fóra do municipio, en vehículo propio e ó servicio da empresa.

Non obstante o anterior, será válido calquera otro acordo que sobre este punto pacten a empresa e o traballador.

Artigo 17º.-Valor da hora extraordinaria.

Distínguense os seguintes tipos de horas extraordinarias:

a) Hora extra normal.

b) Hora extra nocturna.

c) Hora extra sábado mañá.

d) Hora extra sábado tarde, domingos e festivos.

O valor da hora extraordinaria será o que figura na táboa anexa correspondente.

Artigo 18º.-Remuneración para o persoal de peirao en xornadas de sábado mañá, sábado tarde, domingos e festivos.

As xornadas que se realicen en sábados mañá as tres primeiras horas pagaranse polo concepto valor hora, a razón de 13,31 euros/hora.

A remuneración para o persoal de peirao nas xornadas de sábado mañá (sempre e cando se superen as tres horas), sábado tarde e domingos ou festivos, será a seguinte:

-Xornada sábado mañá: 53,24 euros.

-Xornada sábado tarde: 66,55 euros.

-Xornada domingos e festivos: 66,55 euros.

Artigo 19º.-Gratificación especial.

Establécese un premio, do que o importe será o equivalente ó soldo anual (16 pagas de soldo máis antigüidade), ós traballadores que leven vinte anos de servicio na empresa e se xubilen voluntariamente ou por causa de invalidez (a solicitude do traballador e dentro do seguinte mes); así como para aquel persoal que solicite xubilarse aplicando o coeficiente reductor.

Este artigo será de aplicación para aqueles traballadores cunha idade que non supere os 65 anos.

Unha vez cumpridos polo traballador os 65 anos, a gratificación a que fai referencia este artigo non terá validez se non a exerce dentro do mes seguinte ó cumprimento da dita idade.

Esta gratificación non será de aplicación ó persoal que ingresase con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 20º.-Prevención de riscos laborais.

As empresas e a representación sindical comprométense a cumpri-la Lei de prevención de riscos laborais.

Cláusula de revisión

A suba salarial acordada será revisada o 31 de decembro de cada ano segundo o IPC real.

Esta cláusula será aplicable con carácter retroactivo o 1 de xaneiro.

Cláusulas adicionais

Primeira.-O presente convenio colectivo foi subscrito en representación da parte económica pola asociación patronal do sector, e pola representación social de UGT e CC.OO.

Segunda.-A comisión paritaria no presente convenio reunirase con carácter de urxencia en 24 horas, para a interpretación ou aclaración de calquera artigo.

Non se paralizará o traballo antes de reunirse a comisión paritaria.

Táboa salarial

Grupos e categoríasSalario mensual/euros

I. Titulados

Titulado superior1.059,88

Titulado medio: grupo A947,93

Titulado medio: grupo B883,97

II. Administrativos

Xefe de sección1.059,88

Xefe de negociado947,93

Oficial administrativo836,81

Auxiliar administrativo639,22

Aspirante de 16 a 18 anos492,50

III. Subalternos

Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro e sereno558,36

Mozo dos recados de 16 a 18 anos492,50

IV. Servicios varios

a) Categorías básicas:

Encargado de sección720,14

Oficial de 1ª692,31

Oficial de 2ª657,58

Oficial de 3ª634,93

Peón634,93

Aprendiz de 16 a 18 anos492,50

b) Categorías asimiladas:

Conductor de camión657,58

Conductor de turismo657,58

Cosedor627,42

Gratificación de caixeiros, complementos

de postos de traballo e persoal

Importe anual/A

A) Gratificación de caixeiro, sempre que

sexa por quebrantamento de moeda

541,17

B) Apoderados541,17

C) Complemento persoal con coñecemento

de idiomas estranxeiros

541,17

Valor da hora extra en día laborable e da hora extra en sábado mañá, nocturno, sábado tarde, domingos e festivos para os distintos grupos e categorías do persoal de axencias marítimas.

Valor hora extra/euros

Grupos e categorías

H. extra/A

H. extra sábado mañá e

nocturna/A

H. extra sábado tarde, domingos e festivos/A

I. Titulados

Titulado superior11,7914,2118,72

Titulado medio: grupo A10,4012,4816,65

Titulado medio: grupo B9,7111,7915,61

II. Administrativos

Xefe de sección11,7914,2118,72

Xefe de negociado10,4012,4816,65

Oficial administrativo9,3411,0914,91

Aspirante 16 a 18 anos5,556,598,67

III. Subalternos

Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro e sereno6,247,6310,06

Mozo dos recados 16 a 18 anos5,556,598,67

IV. Servicios varios

a) Categorías básicas:

Encargado de sección9,0210,7513,87

Oficial de 1ª9,0210,7513,87

Oficial de 2ª9,0210,7513,87

Oficial de 3ª9,0210,7513,87

Peón9,0210,7513,87

Aprendiz 16 a 18 anos9,0210,7513,87

Valor hora extra/euros

Grupos e categorías

H. extra/A

H. extra sábado mañá e

nocturna/A

H. extra sábado tarde, domingos e festivos/A

b) Categorías asimiladas:

Conductor de camión9,0210,7513,87

Conductor de turismo9,0210,7513,87

Manipulante9,0210,7513,87

Encargado de almacén ou almaceneiro9,0210,7513,87

Mozo de almacén9,0210,7513,87

Cosedor9,0210,7513,87