Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.773

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2002, dos tribunais III-D, IV-C e V-C, cualificadores dos procesos selectivos para o acceso ás categorías 68 (oficial 1ª de campo), 9 (oficial 2ª de faenas agrícolas) e 8 (peón agrario especializado) dos grupos III, IV e V do persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se convoca para a realización do exercicio de coñecemento do galego.

Na sesión realizada o día 12 de setembro de 2002, polos tribunais III-D, IV-C e V-C designados para xulga-los procesos selectivos de acceso, respectivamente, ás categorías 68 do grupo III, 9 do grupo IV e 8 do grupo V, e de conformidade co establecido nas bases das convocatorias, acordouse:

Convoca-los aspirantes que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso á categoría 68 (oficial 1ª campo), os aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo de acceso á categoría 9 (oficial 2ª de faenas agrícolas) e os aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo de acceso á categoría 8 (peón agrario especializado) para a realización do exercicio de coñecemento do idioma galego, que vai ter lugar na Escola Galega de Administración Pública (sita no Polígono das Fontiñas, rúa Madrid 2-4, Santiago de Compostela) o día 25 de setembro de 2002 a partir das 17 horas.

Os aspirantes terán que presentarse ás 16.45 horas co documento acreditativo da súa identidade.

De conformidade coas bases das respectivas convocatorias, estarán exentos da realización do dito exercicio os aspirantes que acreditaron a posesión do curso de perfeccionamento (para o grupo III-68) ou de iniciación (grupos IV-9 e V-8) de galego.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2002.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal IV-C