Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.742

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (172/2000).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 172/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

En nome da súa maxestade El-Rei.

En Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia nº 172/2000, no que actuaron como partes, como denunciantes José María González Laíño e Olalla Souto Varela, asistidos polo letrado Ramón Quintela Miramontes e, como denunciado A'kos Spiegel e, como responsabilidade civil, a compañía La Estrella, representada polo procurador José Paz Montero e asistida polo letrado Óscar Campos Fernández. Como responsable civil subsidiario, a empresa Sovial Sociedade de Viaturas de Aluger, Lda.

Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a A'kos Spiegel como autor responsable dunha falta do artigo 621.3º, do Código penal, á pena de 15 días de multa cunha cota diaria de 6 euros, e a que indemnice a Olalla Souto Varela na cantidade total de 472,23 euros, e a José María González Laíño na cantidade total de 7.393,93 euros.

Desta cantidade responderá solidariamente a compañía La Estrella, á que lle é aplicable o artigo 20 da Lei do contrato de seguro. E subsidiariamente a empresa Sovial Sociedade de Viaturas de Aluger, Lda.

As custas procesuais impóñenselle ó condenado.

A pena deberá pagarse unha vez que esta resolución sexa firme e, de non facerse así nin cobrarse pola vía de constrinximento, o condenado cumprirá a pena privativa de liberdade en centro penitenciario.

Contra esta sentencia poderán interpor os interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o

recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

Publicación no día da data. Déuselle lectura á anterior resolución en vista pública. Dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia ó denunciado A'kos Spiegel e á responsable civil subsidiaria Sovial Sociedade de Viaturas de Aluger, Ltda., actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA