Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.742

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (37/2002).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño que no xuízo de faltas 37/2002 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia nº 37/2002, no que actuaron como partes, como denunciantes, os policías nacionais con números 45.159 e 58.362 e, como denunciado, Manuel Domínguez Pérez.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Manuel Domínguez Pérez como autor dunha falta do artigo 634 á pena de 20 días de multa cunha cota diaria de 3 euros, así como ás custas procesuais.

A pena deberá pagarse unha vez que esta resolución sexa firme e, de non facerse así nin cobrarse pola vía de constrinximento, o condenado cumprirá unha pena privativa de liberdade prevista no artigo 53 do Código Penal en centro penitenciario.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o

recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas

que lle foran indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia ó denunciado Manuel Domínguez Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

O secretario

Rubricado