Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2002 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 18 de decembro de 2001, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación da prestación do servicio de limpeza da Casa de Galicia en Madrid, convocada por concurso aberto anunciado no Diario Oficial de Galicia nº 130, do 8 de xullo de 2002.

Adxudicatario: Limpisa Grupo Norte, S.A.

Importe: 86.737,60 euros.

-Contratación dunha asistencia técnica para elaborar e reproduci-lo Diario Oficial de Galicia en CD-ROM, convocada mediante concurso aberto anunciado no Diario Oficial de Galicia nº 63, do día 2 de abril de 2002.

Adxudicatario: UTE Factoría de Contenidos Digitales-Rúa Dixital.

Importe: 43.500 euros.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública