Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.717

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 6 de setembro de 2002 pola que se dispón o cesamento de vocais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás

comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Ó abeiro de artigo 40.2º punto 6º da xa citada Lei 27/1992, e dos acordos do 5 e 26 de marzo de 1998, do Consello da Xunta de Galicia, os membros dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado foron nomeados por un período renovable de 4 anos, segundo orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 23 de xuño de 1998, DOG número 121, do 25 de xuño, polo que é preciso proceder á súa renovación.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Xa que logo, considerando que en virtude da devandita orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 23 de xuño de 1998, DOG número 121, do 25 de xuño os vocais da letra c) do número 1º do artigo 40 da xa citada Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, foron nomeados por un período de 4 anos, renovable, e sen prexuízo de que conforme o previsto no mesmo artigo 40 da Lei 27/1992, a designación e separación dos vocais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración; vistas en consecuencia as propostas de nomeamento e cesamento realizadas polas distintas administracións públicas, entidades e organismos, ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, e dos mencionados acordos tomados o 5 e 26 de marzo de 1998 e o 10 de xaneiro de 2002

modificado polo do 6 de xuño, polo Consello da Xunta de Galicia, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vocais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra, en representación da Administración xeral do Estado:

-Eduardo Cadenas Dapena.

-Miguel Ángel Delmas Pérez de Salcedo.

-Juan Antonio Sardina Páramo.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA