A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
Ó abeiro de artigo 40.2º punto 6º da xa citada Lei 27/1992, e dos acordos do 5 e 26 de marzo de 1998, do Consello da Xunta de Galicia, os membros dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado foron nomeados por un período renovable de 4 anos, segundo orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 23 de xuño de 1998, polo que é preciso proceder á súa renovación.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.
Xa que logo, considerando que en virtude da devandita orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 23 de xuño de 1998, DOG número 121, do 25 de xuño os vocais da letra c) do número 1º do artigo 40 da xa citada Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, foron nomeados por un período de 4 anos, renovable, e sen prexuízo de que conforme o previsto no mesmo artigo 40 da Lei 27/1992, a designación e separación dos vocais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración; vistas en consecuencia as propostas de nomeamento realizadas polas distintas administracións públicas, entidades e organismos, ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, e dos mencionados acordos tomados o 5 e 26 de marzo de 1998 e o 10 de xaneiro de 2002, modificado por el
del 6 de junio polo Consello da Xunta de Galicia, e, en canto órgano competente,
DISPOÑO:
O nomeamento dos seguintes vocais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra, en representación da Administración xeral do Estado:
-Juan Antonio Sardina Páramo.
-Eduardo Cadena Dapena.
-Carlos Abajo Cordero.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda