Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, para cualificación de parcela municipal como sistema xeral de equipamentos públicos. Equipamento dotacional en parcela sita en Arnelas-Sanxenxo.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión que tivo lugar o día 30 de xullo de 2002, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, para cualificación de parcela municipal como sistema xeral de equipamentos públicos. Equipamento dotacional en parcela sita en Arnelas-Sanxenxo.

A modificación aprobada ten por obxecto segrega-la parcela de propiedade municipal, dunha superficie de 2.374,78 m, dentro da delimitación do SAU-6, con fronte á avda. de Luis Rocafort, e variante de circunvalación entre os núcleos de Sanxenxo e Portonovo, e incluíla dentro da delimitación do solo urbano consolidado para cualificala como sistema xeral de equipamentos públicos, equipamento dotacional, de forma que permita executar nela a estación de autobuses de Sanxenxo.

O que se fai público para os efectos determinados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu o acto administrativo recorrido, polo prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, computado na forma prevista no artigo 48 da Lei 30/1992, segundo redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpor.

Sanxenxo, 1 de agosto de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde