Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do estudio sobre a superación de indicadores relativo ó número de licencias en distintos núcleos rurais no termo municipal de Vigo.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 11 de xullo de 2002, acordou declarar, nos núcleos que se indican a continuación, a non concorrencia dos indicadores que para determina-la necesidade de formación de plans especiais contén o punto 3.9.5 das normas urbanísticas e, xa que logo, deixar sen efecto o acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, do 7 de setembro de 2000, e levanta-la suspensión de licencias disposta no devandito acordo.

Os núcleos son os seguintes:

Expediente: 7759/411.

Núcleo: 18.05 Mouteiras.

Tipo: C.

Expediente: 6047/411.

Núcleo: 18.04 Sobreira.

Tipo: C.

O que se publica para xeral coñecemento.

Vigo, 30 de xullo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo