Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de convocatoria das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos incluídos no ámbito do Plan parcial de ordenación da actuación Boisaca (SUNP-34) en Santiago de Compostela (A Coruña).

En virtude das atribucións que me confire a lexislación vixente e de acordo co disposto nos artigos 146 da Lei do solo de Galicia (1/1997), artigo 48 da Lei de expropiación forzosa e 49 do seu regulamento, esta alcaldía resolve:

Convoca-los afectados que se relacionan, polo proxecto de expropiación polo procedemento de taxa

ción conxunta dos terreos incluídos na actuación industrial Boisaca SUNP-34, de Santiago de Compostela, o día 24 de setembro de 2002, nos locais do centro empresarial do polígono industrial do Tambre, Vía Edison, 1, Santiago de Compostela (A Coruña), o fin de proceder ó pagamento en metálico, ós que comparezan e acrediten debidamente a titularidade sobre os dereitos e bens afectados, ou no seu defecto, e de conformidade co artigo 146.3º da Lei 1/1997 e 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, a súa consignación na Caixa Xeral de Depósitos do Ministerio de Economía e Facenda, dos prezos xustos aprobados polo director xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, o 5 de xuño de 2002.

Asemade, unha vez efectuado o pagamento ou consignación, procederase á realización das correspondentes actas de ocupación, de conformidade co establecido nos artigo 51 da Lei de expropiación forzosa e 55 do seu regulamento.

Para calquera consulta deberán dirixirse ó concello ou a Sepes Entidade Pública Empresarial do Solo, con domicilio social en Madrid, Paseo da Castellana, 9128046 Madrid.

Así mesmo, esta publicación realízase, distrito postal igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, para os titulares descoñecidos ou de enderezo descoñecido.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2002.

O alcalde

Rubricado

Relación dos titulares afectados polo proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos terreos incluídos na actuación industrial Boisaca SUNP-34, de Santiago de Compostela.

parcela

TitularesSup.

m

Hora

2Manuel Raúl Iglesias Vilar, Francisco Súarez Vilar, Isabel Taboada Castiñeiras, Jesús Moure López, José Mosquera Brey, e Isabel Taboada Castiñeiras4.56010

3Josefa Vieiro65510.20

4Miguel García Sabel34410.40

5BEuro Roca, S.A.43711

12Santiago, Manuela, Esperanza, Antonio, Esclavitud, Concepción e Manuel Mariño Seoane4.26111.20

16José Gigirey Vilar5.57111.40

21Manuel Ferro Ferro e Amelia Rey Parga6.92612

22Francisco Vilar Moure10.86812.20

26Herdeiros de Antonio Gigirey Vilar1.03612.40

27José Vilar Vilar3.18913