Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do día 8 de xullo de 2002, acordou someter a información pública o proxecto de compensación da unidade de actuación número 1 (UA-1.1)) do Plan especial de reforma interior número 3 (PERI-3) de Santa Marta, promovido por Julio Rey y otros, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, ó que se remite o 133.8º da mesma lei, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2002.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións