Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a proposta da sociedade Aguasana, S.L., do perímetro de protección para o aproveitamento de auga de bebida envasada na Granxa, Belesar, Baiona.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, en virtude do disposto no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, faise pública a solicitude por instancia de Aguasana, S.L. referente á definición do perímetro de protección do manancial de augas minerais naturais para uso de bebida envasada que explota a citada sociedade na Granxa, parroquia de Belesar, do termo municipal de Baiona.

As augas para o aproveitamento como bebida envasada son recoñecidas pola Xunta de Galicia o 30-1-1989, e desde o 18-2-1993 por resolución da Dirección Xeral de Industria recoñécese a condición de mineral natural destas augas, logo dos informes favorables do Instituto Tecnolóxico e Xeomineiro de España e da Dirección Xeral de Saúde da Consellería de Sanidade.

O perímetro de protección solicitado como adaptación do que actualmente posúe o manancial de Aguasana, S.L. á vixente regulamentación de augas minerais e termais da Comunidade Autónoma de Galicia engloba as áreas de infiltración que corresponden á zona de restriccións mínimas (Z MI) e que comprende un polígono irregular de seis lados, e os seus vértices perimetrais teñen as seguintes coordenadas xeográficas orixe Greenwich:

VérticesXY

1514.7354.657.780

2514.7354.656.660

3515.2904.655.000

4515.8304.655.145

5516.5004.656.600

6516.1704.657.820

O citado perímetro comprende terreos nos concellos de Baiona, Gondomar, Oia e Tomiño.

O que se fai público co fin de que aquel que se considere interesado poida tomar vista do expediente e presenta-las alegacións que considere oportunas

na Delegación de Industria de Pontevedra dentro do prazo de 15 días contados do seguinte ó da presente publicación.

Pontevedra, 24 de xullo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra