Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión directa de explotación denominada Paredes 2620.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por Resolución do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, se outorgou a Abel Rubal Alonso a concesión directa de explotación denominada Paredes 2620, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Cañiza, da provincia de Pontevedra, e sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitude Latitude

18º 15' 40''42º 12' 40''

28º 15' 00''42º 12' 40''

38º 15' 00''42º 12' 20''

48º 15' 40''42º 12' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 23 de xullo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra