En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro de 1991), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación San Román 5534-1ª fracción, situada en terreos do concello de Ribadeo, provincia de Lugo, e solicitado por Juan José Fernández Sánchez.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do mesmo para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente correspondentes, así como no Concello de Ribadeo, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2002.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas