Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.621

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de setembro de 2002 pola que se conceden subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Por Orde do 15 de abril de 2002 (DOG do 26 de abril) publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, e por Orde do 27 de maio de 2002 (DOG do 4 de xuño) modificouse o importe destas.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas polas escolas de música que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2002, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

SolicitanteConcelloContía da subvención concedida (euros)

Real Sociedad Económica de Amigos del PaísSantiago de Compostela4.000

Banda de Música de VisantoñaSantiso2.128,97

Sociedade Recreativa de San Xoán de CaloTeo2.854,56

Asociación Cultural de Ensino da Arte da Música Vedra2.466,02

Escola de Música e Danza de ChantadaChantada2.253,78

Unión Cultural de CampolameiroCampo Lameiro1.948,57

Banda de Música Cultural de LalínLalín3.442,62

Banda de Música de RubiósAs Neves1.107,74

Banda de Música A Unión de GulánsPonteareas1.749,21

Banda de Música Xuvenil de XinzoPonteareas2.967,21

Agrupación Musical do Rosal Rosal, O3.889,08

Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá Vigo3.793,75

Asociación Banda Escola de Música de BeadeVigo4.000

Asociación Cultural CoppeliaVigo3.226,69

Unión Musical de Coruxo Vigo1.923,80

ANEXO II

SolicitanteConcelloCausa da denegación

Sociedad Cooperativa Limitada Guillelme BrownO Pereiro de AguiarNon cumpri-lo punto primeiro da orde de convocatoria, ó non ser unha escola de música dependente dunha institución sen ánimo de lucro.