Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de setembro de 2002 pola que se conceden axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 11 de marzo de 2002 (DOG do 9 de abril), publicouse a convocatoria para a concesión de axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e por Orde do 22 de maio de 2002 (DOG do 4 de xuño) modificouse o importe destas.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas axudas pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas, nas contías que se sinalan, ós conservatorios de música que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2002, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14) de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

ConservatorioContía da axuda concedida (euros)

Arzúa12.308,07

Betanzos18.325,41

Culleredo28.688,25

Melide22.475,72

Federico Paz Carbajal-Noia17.333,13

Pontes de García Rodríguez, As24.680,92

Ribeira27.154,38

ConservatorioContía da axuda concedida (euros)

Mestre Ibáñez-Monforte de Lemos20.775,87

Vilalba36.880,20

Viveiro41.297,78

Barco de Valdeorras, O22.914,20

Carballiño, O16.263,97

Ribadavia7.532,10

Xinzo de Limia20.281,90

Cangas21.979,50

Estrada, A23.474,70

Guarda, A15.949,47

Lalín29.450,63

Reveriano Soutullo-Ponteareas35.509,55

Redondela21.673,62

Tui15.860,63