Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.619

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de setembro de 2002 pola que se conceden subvencións a escolas de música públicas.

Por Orde do 25 de marzo de 2002 (DOG do 9 de abril), publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música públicas, e por Orde do 23 de maio de 2002 (DOG do 4 de xuño) modificouse o importe destas.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas polas escolas de música públicas que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2002, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14) de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común (BOE do 27), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Escola de músicaContía da subvención concedida (euros)

Arzúa5.489,94

Capela, A2.587,16

Carnota7.096, 13

Cee12.492,72

Coruña, A31.333,41

Oleiros-A Fábrica-9.963,60

Ordes6.240,16

Ortigueira6.707,49

Porto do Son8.364,75

Burela7.375,94

Chantada11.355,51

Foz6.977,02

Guitiriz4.762,47

Mondoñedo -O Pallarego-8.121,08

Monforte de Lemos16.586,51

Paradela -O Barrido-5.055,45

Ribadeo12.335,28

Sarria8.236,50

Sober10.385,68

Allariz8.423,58

Bande5.562,63

Barbadás10.077,19

Carballiño, O6.506,45

Maceda4.561,06

Ourense12.996,12

Pobra de Trives, A4.534,39

Ribadavia5.970,04

Baiona5.789,12

Caldas de Reis 8.389,59

Cambados3.829,44

Cangas -Mestre Inocentes Camaño-10.746,23

Estrada, A7.278,82

Neves, As4.933,70

Porriño, O7.598,58

Redondela6.691,95

Silleda7.345,37

Tui10.629,10

Valga10.335,78

Vigo15.546,76

Vila de Cruces -Artística de Merza-7.080,39

Vilagarcía de Arousa-Bernardo del Río Parada-14.313,91

ANEXO II

Escola de músicaCausa da denegación

Ribas de SilA solicitude foi presentada fóra de prazo