Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.619

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de agosto de 2002 pola que se autoriza ós conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo para impartir, con carácter provisional, o primeiro e o segundo curso do grao superior de música das ensinanzas previstas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, para o curso escolar 2002/2003.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e de acordo co artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 23), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden estas competencias.

Os conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo imparten as ensinanzas dos graos elemental e medio de música previstas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4).

Tendo en conta que no curso escolar 2001/2002 se implantou na Comunidade Autónoma de Galicia o 11 curso do grao superior de música das ensinanzas establecidas na LOXSE, coa finalidade de non interrompe-los estudios dos alumnos que no ano escolar anterior superaran o grao medio autorizouse ós conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo para impartiren o primeiro curso do grao superior. Cómpre agora ampliar esta autorización ó 21 curso, mentres non se rematen as actuacións necesarias por parte desta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a consecución das infraestructuras reguladas polo Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas (BOE do 28).

Esta consellería, logo de informe da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-los conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo para impartiren, con carácter provisional, o primeiro e o segundo curso do grao superior de música das ensinanzas previstas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, para o curso escolar 2002/2003.

Segundo.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común (BOE do 27), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase as direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional, de Centros e Inspección Educativa e de Persoal, para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria