Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

EDICTO de convocatoria para a elección de xuíz de paz deste municipio.

En cumprimento do previsto no artigo 101 e concordantes da Lei orgánica do poder xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de xuíz de paz titular deste concello, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As persoas interesadas poderán presenta-las súas solicitudes mediante instancia que se presentará no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP; o prazo contarase a partir da última publicación.

Coa solicitude presentaranse os seguintes documentos:

a) Certificado de nomeamento ou fotocopia autenticada do DNI.

b) Certificación expedida polo Rexistro Xeral de Penados e Rebeldes, xunto con declaración complementaria na que se faga referencia ó artigo 2 da Lei 68/1980, no seu punto 1.a), referente a se está inculpado ou procesado.

c) Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

Segunda.-Condicións legais que teñen que reuni-los solicitantes.

Ser español, maior de idade, e non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidades previstas para o desempeño das funcións xudiciais, excepto o exercicio de actividades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade sinaladas no artigo 389 da Lei orgánica do poder xudicial operarán con posterioridade o nomeamento, mediante opción efectuada polo nomeado.

Son causas de incapacidade: estar impedido física ou psiquicamente para a función xudicial; estar condenado por delicto doloso mentres non se obteña a rehabilitación; estar procesado ou inculpado por delicto doloso mentres non se obteña a absolución ou se dicte auto de sobresemento, e non estar no pleno exercicio dos dereitos civís.

Carballeda de Valdeorras, 8 de agosto de 2002.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa