Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, en sesión con data do 28 de xuño de 2002, a modificación do estudio de detalle da unidade de actuación nº 4.5 das previstas nas normas subsidiarias de planeamento, promovido polo Concello de Cangas, sométese a información pública, por un período dun mes para efectos de reclamacións, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. Este anuncio serve da notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 28 de xullo de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde-presidente