Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán o procedemento para a contratación da execución das obras de pavimentación de pistas municipais Castelao e A Graña en Bueu, e A Torre e Ermelo en Cela, incluídas no PAM/2002, expóñense ó público durante 8 días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP ou DOG (último deles), para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

De xeito simultáneo, anúnciase o conseguinte concurso, aínda que a licitación se aprazaría canto resulte necesario no caso de presentarse reclamacións ós pregos ou ó proxecto.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de pavimentación de pistas municipais en Castelao e A Graña en Bueu, e A Torre e Ermelo en Cela.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 100.364,03 euros.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. R/ Eduardo Vincenti, 10, 36930 Bueu. Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas: non se esixe clasificación.

8. Presentación de proposicións:

a) Lugar e prazo: no rexistro xeral do Concello de Bueu (Pontevedra), durante os 26 días naturais contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP), das 8.30 ás 14.30 horas de luns a venres, e das 9 ás 13 horas os sábados, así como tamén na forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de dous sobres pechados (A e B), denominados «Documentación xeral» e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e contido que se sinalan na cláusula 8 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de remate do prazo para presentación de proposicións (para tales efectos, o sábado considerarase como inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Modelo de proposición: contido nos pregos de condicións.

Bueu, 6 de agosto de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde