Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do expediente de contratación C.P. 2/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas, a Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo acorda darlle publicidade á adxudicación de diversas contratacións, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza Ferrol, nº 11-4ª planta (27001) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 63 29. Fax: 982 29 62 28.

c) Número do expediente: C.P. 2/2002.

2. Obxeto da contratación:

a) Tipo de contrato: contrato de consultorías e asistencia e de servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación do servicio de vixilancia e seguridade nos puntos de atención continuada de: Pac do Corgo, Pac de Lugo, Pac de Meira, Pac de Mondoñedo, Pac de Monforte de Lemos, Pac de Outeiro de Rei, Pac de Palas de Rei, Pac de Quiroga e Pac de Viveiro.

c) Data publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: Diario Oficial de Galicia nº 75, do 18-4-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Un millón cento tres mil seiscentos noventa e catro euros con sesenta e seis céntimos (1.103.694,66 A).

5. Adxudicación:

a) Data: 28 de xuño de 2002.

b) Contratista: Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L.

c) Importe da adxudicación: un millón corenta e nove mil seiscentos noventa e oito euros con oitenta céntimos (1.049.698,80 A) (IVE engadido).

Lugo, 7 de agosto de 2002.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo