Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

EDICTO.

A Corporación municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 2 de agosto de 2002, prestou a súa aprobación definitiva ó estudio de detalle de aliñacións da parcela comprendida entre o Paseo Colón e a rúa Emilia Pardo Bazán-Foz, redactado polo arquitecto José Luis Eimil Trasancos e presentado por Construcciones Os Molineros, S.L.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 42.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Foz, 8 de agosto de 2002.

José María García Rivera

Alcalde